La Buena Cocina, de Harold McGee: cando os fundamentos son importantes


Fotografía: El Aderezo

A editorial Debate remíteme o novo libro de Harold McGee: La Buena Cocina. Como preparar los mejores platos y recetas. Tralo éxito de A cociña e os alimentos, o anterior libro de Harold McGee que arrasou en medio mundo, o novo libro do profesor McGee abonda na fórmula anterior: técnica e fundamentos concentrados. Este novo libro non é un libro de receitas nin de alimentos, senón de técnicas. Describe sucinta e directamente as diferentes técnicas de elaboración e, deste xeito, convírtese nalgo que vai máis alá dunha receita fundamental: é unha especie de fundamento, de pequena pedra angular dunha colección gastronómica, desas que se gardan con manchas nunha estantería da cociña (eu reivindico moito ter libros na cociña, moitos libros). Preves, asados, guisos, caldos, frituras, conservas. Todo puro texto: moi ben editado, concebido para a súa consulta como manual de referencia, pero só texto. Esencial. Fundamental.

Berasategui fala no prólogo dunha anécdota nun recoñecido restaurante no que a disputa entre un chef e un cliente saldouse cunha consulta ao anterior libro de McGee, como se fora unha biblia, pero tamén como algo que conecta, comparte e asume tanto o profesional como o afeccionado ou simplemente o gourmand. Pois así tamén é este: técnicas básicas e sucintas que valen como base para explorar despois outros moitos receitarios. E poño un caso que supoño que vos pasou moitas veces: moitos libros de cociña, mesmo libros de grandes e renomeados chefs e reposteiros, pasan por alto cousas. Ás veces supoño que as sobreentenden, outras veces non sei se se esquecen voluntariamente. Non sei. Este libro está para remediar algunhas destas ausencias.

A min paréceme utilísimo, fiable, e vaia, xa que estamos, un bo agasallo para estes Reis Magos.

One Comment

  1. 30 / Decembro/ 2010

    Creo que cae en reyes…jejeje. Lo he estado ojeando y madre mía. Lo abrí al chou, vi la parte que explicaba las distintas técnicas para clarificar caldos y me dije: LO QUIERO!!! Por cierto, me paso el día clarificando caldos por el método de congelado y descongelado suave en nevara a través de un colador de malla metálica jajajajaj. Cuando esté en mis manos, me voy a volver locoooOOOooo…

    Milu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará