Anatomía dun castro doente en Google Earth

O Castro de Baroña está sometido a un intenso proceso de degradación ambiental e humana. Ángel Concheiro foi o director do estudo de avaliación que permitiu determinar cales son os puntos críticos do castro en relación á súa preservación para a Dirección Xeral de Patrimonio. En culturagalega.org fixemos hoxe un pequeno experimento narrativo. Un tour guiado en Google Earth, no que Concheiro nos acompaña nun voo sobre Baroña detallándonos os puntos febles do castro. Aquí podes baixar o KMZ para Google Earth. E ver as instrucións aquí, se as precisas. É moi recomendable para ver as potencialidades, que eu sempre defendo, de Google Earth como vehículo narrativo.

9 Comments

  1. alvarez
    11 / Decembro/ 2010

    Baroña é o exemplo perfecto da nosa degradación total como nación que non quere selo nin de coña.

    Un lugar único como ese e coa importancia que ten, sigue ahi, para o meu asombro, ano tras ano, e xa pasaron 33 anos que o visitei por primeira vez, indo cada vez a peor.

    Nin os veciños, nin o Concello, nen a Deputación, nen a Xunta, nen os españois co seu goberno, fixeron ren durante estes anos. Ainda que mellor pensado, ese deixar de facer, ese abandono delincuente, retrátanos a perfección.

    Solución que seguro que lles encantaria os veciños da parroquia: Que lles deixen facer unha urbanización dunha puñeteira vez enriba das catro pedras que os señoritos chamanlle castro, e xa postos facer chalets por todo o litoral e nos corutos dos montes, e asi se sacan os porreiros e desverjonzadas que imos alo a tomar o sol coma os deuses nos trouxeron o mundo na fermosa praia que envolve a Castro Baroña.

  2. 11 / Decembro/ 2010

    Chula a visita virtual.
    Concordo co Sr. Álvarez. Unha marabilla de país, e qué carallo de xente!
    Supoño que a diagnose do castro será para facer algo con el… a non ser que o deixen quedar, `para logo ter que volver a facer unha nova avaliación dentro de dez anos, e volver a deixalo, e así sucesivamente, ata que teñamos a desaparición dun castro mellor documentada da historia.

  3. odiegho
    12 / Decembro/ 2010

    Non podo máis que suscribir os comentarios de Alvarez e O´Padín, e como apaixoado traballador e defensor da Interpretación do Patrimonio como ferramenta de concienciación colectiva, seguirei lamentando que o “Centro Interpretativo do Castro de Baroña” esté situado nas antigas dependencias municipais do Porto do Son, mentras, as estructuras castrexas van sendo maltratadas polas mareas de visitantes.Como dí O´Padín teremos unha desaparición documentada …. pero quedarannos as maquetas.

  4. 12 / Decembro/ 2010

    En teoría hai a idea de construír o centro de interpretación arriba, supoño que preto do bar, e tamén de conducir o tráfico de persoas dentro do castro. Eu vou todos os anos varias veces a Baroña e nótase o proceso de degradación do mar pero tamén da xente. A ver se hai sorte.

  5. 16 / Decembro/ 2010

    Magnífica visita virtual, e concordo totalmente com as críticas. Realmente é lamentável o estado de conservação do castro, e não sei eu se haverá muito que se possa fazer para evitar que se continue a degradar… magoa na alma vê-lo no verão especialmente no verão, decote assaltado por gente insensível.

  6. BREOGAHN
    17 / Decembro/ 2010

    Eu teño a sorte de telo preto, a 3 kms, e sí, efectivamente hai algo pensado en canto a trasladar o “Centro de Interpretación”. O que non me gustaría, como pretenden algúns, é que levaran o Centro case ata a pé da praia. Que enlozen os antigos camiños de carro (ou como din “humanizar”), pero por Tutatis que o poñan arriba, que parte do seu encanto é o camiño que hai que percorrer – que así cheja un con sede e vai beber a fonte que hai detrás do bar… XD ;) – :)

  7. breoghain
    16 / Xaneiro/ 2011

    Neste pais o que tinhe que passar é que começaram a rodar cabeças. Literalmente. E mesmo a coloca-las separadas dos seus corpos polos muros dos nossos castros como se fazia noutrora. Irracionalidade para curar a nossa “civilizaçom” enferma e suicida.

  8. candepalleiro
    17 / Xaneiro/ 2011

    Si, pero que comecen polas cabezas pensantes do Gaiás. Este monstruo si que lle vai facer moito dano á cultura galega. Polo de pronto, non haberá un can nin para castros nin para nada

  9. candepalleiro
    18 / Febreiro/ 2011

    Mira que están a barullar estes políticos nosos co castro de Baroña…A ver cantos se acordarán del tras as eleccións…polo de pronto, digo eu:

    1-Onde está escrito que para investir cartos na protección dun xacemento arqueolóxico hai que declaralo BIC

    2-Quen dixo que a conservación dun xacemento arqueolóxico se soluciona coa construción dun edificio para centro de interpretación do que cómpre conservar

    3-Non se poden poñer diques ao mar (véxase Punta Langosteira)

    4-Conclusión: que se deixe de facer demagoxia e mentir, e se protexa o castro con sentidiño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará