Queres coñecer a gastronomía da Terra Cha?

Miguel Vila, lugués de pro, está a organizar unha xornada de luxo para coñecer a gastronomía da Terra Cha e o seu produto máis emblemático, o Capón.

O plan é o seguinte:

Data: sábado 11 de decembro de 2010
Lugar: Vilalba (Lugo) e Rábade (lugo)
Punto de encontro: Rábade
Desde Rábade un autobús levaranos a visitar unha explotación de capóns de Vilalba onde poderemos coñecer o proceso de cría dos mesmos.

Antes do xantar, breve visita ao casco histórico de Vilalba, coa posibilidade de facer algunhas compras nunha das mellores tendas de queixos de Galicia.

Xantar en Vilalba: xamón afumado de Vilalba, queixo D.O. San Simón da Costa (tres curacións, 45 días, 90 días e 180 días), revolto de grelos chairegos, boletus da Terra Cha, Capón de Vilalba recheo de tenreira e verduras, rosca de améndoas de Villalba, café, e Viño D.O. Ribeira Sacra (Proencia).

A media tarde moverémonos de novo a Rábade. Alí o campión de Galicia e subcampión de España de elaboración de gin tonic, Alejandro Gómez, vainos ofrecer un cursillo-degustación sobre o combinado.

Prezo: 70 euros por persoa (prazas limitadas)

Os interesados deben confirmar asistencia cun correo electrónico a info@colineta.com.

Todo o mundo está convidado.

4 Comments

  1. 19 / Novembro/ 2010

    O queijo é da queijaria Prestes? :)_

  2. Pilar Pérez
    21 / Novembro/ 2010

    Hola. Quisiera saber si a este tipo de reuniones van niños. En mi caso sería con uno de 9 años. Un saludo.

  3. 21 / Novembro/ 2010

    Buenas, Pilar, debes consultarlo con el organizador, Miguel Vila. Su correo es info@colineta.com.

  4. 22 / Novembro/ 2010

    Galeguzo, o queixo, efectivamente, vai ser de Prestes.

    Pilar, sobre la presencia de niños tendría que consultar al resto de asistentes, pero a priori creo que el niño se aburriría bastante. Además una de las actividades será un cursillo-cata de gin tonic, donde un menor de edad está fuera de lugar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará