Conferencia na Lanzada: o programa do serán

Pois xa temos cartel oficial da conferencia que impartirei este xoves 29 de xullo en Noalla (Sanxenxo). O título, xa o sabedes: Repúblicas de homes libres: fortificacións e atalaias entre o Imperio Romano e a Baixa Idade Media. Está organizada polo CSIC e a Deputación de Pontevedra, dentro do ciclo de charlas que explican e poñen en contexto o xacemento da Lanzada.

Se queredes vir, será un pracer enorme vervos aí, coñecernos e intercambiar impresións. E mesmo temos un pequeno programa de actividades para que vos cunda máis a tarde-noite:

18:00-20:00: Visita guiada á escavación da Lanzada. Os arqueólogos vanvos explicar a pé de escavación o que está aparecendo no Campo da Lanzada. Incluído o que saben do misterioso edificio do que falabamos o outro día. (Isto é o que se chama un caramelo para o público). Podes chegar no momento que queiras. Eu andarei por alí tamén a partir das 19.

20:30 h. Conferencia no Centro Social as Canteiras (Noalla, Sanxenxo). [localización]

22:00 h. Churrascada na Parrillada A casa do Che, en Adina (Sanxenxo). Probámola o outro día e está ben. Sairá a cea a uns 15 euros por persoa, cun entrante e churrasco de porco e de tenreira e cervexa. Algo sofisticado, vaia. Se queredes vir, agradecemos que nos avisedes antes, por se acaso hai que dar unha chamada e reservar. Podes apuntarte á churrascada nos comentarios deste post ou escribíndome un correo a magago@gmail.com. Non te cortes. A idea é continuar a conversa, celebrar o verán e brindar. Nota: para os vexetarianos que queiran vir hai unhas tortillas bastante decentes.

Postpost: O cartel de arriba está moi ben, pero o divertido é a súa ubicación no taboleiro de Noalla. Que honra figurar ao carón da orquestra Los Satélites!

Vémonos en Noalla.

3 Comments

  1. 29 / Xullo/ 2010

    Apúntome, nunca se dí non a unha churrascada!

  2. Pancho-lapatianco
    29 / Xullo/ 2010

    Eu aparecerei, pero dubido que quede, que logo hai que volver. Pero para tomarlle algo ó final si haberá tempo.

    Vémonos.

  3. 29 / Xullo/ 2010

    Eu iría pero quedame un pouco a desmán… cun pouco de sorte ando pola serra de grazalema buscando covas.. e logo baixarei a rota a churrasquear un raxino nunha tasca de galegos con likorka e estrella jalisia!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará