Cursiño acelerado de cata popular con Xavier Castro [vídeo]

Last updated on 23 / Xullo/ 2010

Preséntovos unha entrevista en vídeo moi especial. Falamos co catedrático da USC Xavier Castro sobre o seu último libro: A rosa do viño (Galaxia, 2010). Xavier mergúllase na cultura do viño en Galicia: nos seus rituais, na práctica do beber, no gusto popular e nos instrumentos para desfrutalo e a súa evolución ao longo da Historia de Galicia. A rosa do viño é unha pequena xoia.

Pero nesta entrevista (12 minutos), pedinlle a Xavier Castro que nos dera un curso acelerado de cata popular. Creo que non hai un único xeito de contar e describir os viños, e Xavier rescatou termos, conceptos e mesmo probas prácticas que na sociedade tradicional permitían describir a calidade dun bo viño -que seguía criterios distintos aos actuais. Xa sei que en Internet todos temos clickite compulsiva, pero paga a pena velo ata o final e ver como se produce a maxia do viño.

P.D. Quero agradecer ao Lar das Meigas a cesión do espazo para a gravación da entrevista.

3 Comments

  1. alvarez
    23 / Xullo/ 2010

    Excelente entrevista, tanto bo o entrevistado como o entrevistador. Unha critica constructiva: mellora o son, porque salvo no sorprendente final, no resto da entrevista, costa moito enterarse do diálogo.
    E sobro os ditos galegos, recordar o que decia o difuntiño do meu tio Pepe, rapas, este tinto é de homes.

  2. 23 / Xullo/ 2010

    Grazas, Álvarez. Ben sei -e xa o digo eu tamén no post- que o audio é un problema grande. Unha mágoa. O audio sempre é un problema cando traballas con cámaras de menos de 1000 euros. :-)

    A solución mellor é tomar o audio directamente do entrevistado con outro gravador, pero iso implica máis traballo de edición (sincronización posterior). Teño que definir un workflow decente que me permita compatibilizar a sinxeleza dunha compacta coa capacidade de resposta ante tonos de voz moi baixos e ecos moi grandes.

    A ver se o imos mellorando.

  3. alvarez
    23 / Xullo/ 2010

    ánimo porque, tendo en conta as limitacións, o traballo é moi bo. Esperamos próximos grolos con tan bo pouso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará