O deseñador Fabian Brunsing propón un sistema interesante para tirar proveito dos bancos dos parques, un mobiliario inútil e desaproveitado desde un punto de vista económico. Ante o entusiasmo recadatorio do Goberno, estas ideas poden contribuír a solventar unha significativa parte do déficit público estatal. Só 50 centimos a sentada.

Xa postos, podía desenvolver o kit completo, cun inhalador de aire puro a moedas obrigatorio e compaña feminina -masculina se a das pousadeiras é muller- para que che dean charleta opcional.
Lamento informar a Fabian, ese cerebro con tanto tempo libre para deseñar, que o colectivo de fakires estaría encantado cos seus bancos e seguramente tamén algún masoquista.
O que hai que ver por ter ollos!