Labirintos verdes nas ruínas da Granxa das Salinas de Ulló

En Vilaboa, alí no fondo da Ría de Vigo e da enseada de San Simón, hai unhas antigas salinas agora máis ou menos rehabilitadas chamadas de Ulló. Pero meténdose no bosque, nunha fronda espesa, de súpeto xurden marabillosas arquitecturas devoradas pola vexetación. É un antigo recinto pacego, con dúas espectaculares lareiras, unha máis aristocrática que a outra, se cadra de mediados do XVIII. Ulló, na súa ruína, gaña proxidiosa beleza ao fusionarse naturalmente co espeso manto vexetal do bosque de ribeira.

Fotos: Sole Felloza

Aquí tes a localización por se te queres perder coma nós.

14 Comments

  1. arume dos piñeiros
    20 / Maio/ 2010

    Dades sempre con cada sitio que é unha marabilla. Nunha zona das máis fermosas de Galiza, por certo, e, afortunadamente, polo de agora, intocada (probablemente pola humidade supoño daquelas xunqueiras). Se tiver esa enseada de san simón outro país iso sería un paradiso.
    E non mo tomen a mal por estes lares.

  2. 20 / Maio/ 2010

    Unha descuberta fantástica.
    As fotos de Sole son unha marabilla, por non variar.

  3. joseluis
    20 / Maio/ 2010

    Non se pode olvidar que as salinas estan integradas agora mesmo nun sendeiro de pequeno recorrido y moi sinxelo de facer que nos permite ver unha grande cantidade de aves. Eu mesmo recorrino moitas veces para ver anades, zarapitos, martins pescadores, et.c para os proxectos e entradas de axena.

    Deixobos o enlace sobre a ruta

    http://www.vilaboa.org/rutas_cast.html#croa

  4. 20 / Maio/ 2010

    Grazas!

    O roteiro é moi interesante, José Luis, pero hai que advertir que hai un par de problemas con el. En primeiro lugar, creo que o concello de Vilaboa publicou un borrador do roteiro, non a versión definitiva. No seu web é circular, pero na realidade non o é, así que a sinalética remata alí onde había que dar a volta e tomar por outro lado.

    Por outra banda, un vándalo pechou o camiño tradicional de baixada ao mar. Supoño que o Seprona o abrirá en breve, pero que saibades que hai que dar un rodeo para continuar.

    O roteiro tiña demasiado lío como tal e por iso preferín non falar del. Sole dá máis detalles:

    http://soledadfelloza.com/la-caja/?p=2716

  5. arume dos piñeiros
    20 / Maio/ 2010

    Que conste: comedes de pm, pero tedes que estardes cachísimas (cunhas pernas de escándalo) con estas caminatas que vós pegades. Abofé.
    Digo.

  6. Norte
    20 / Maio/ 2010

    Pero ¿cómo carallo dades con eses sitios tan incribles? Porque as fotos son alucinantes, especialmente a da lareira. Incrible tamén o da “propieda pribada” ¿seguro que os do Seprona farán algo sen unha denuncia?

  7. Xosé
    20 / Maio/ 2010

    Unha vez máis… parabéns.

  8. 20 / Maio/ 2010

    Grazas!

    Norte, a resposta e doada: abrindo os ollos. Están todos aí. :-)

  9. 20 / Maio/ 2010

    Arume, o que entra nun lado vaise para o outro. Esa é a teoría. A práctica non é tan ideal. :-)

  10. lapatianco
    21 / Maio/ 2010

    Nada, nada.

    ¡Todo mentira!. ¡Eses sitios non existen!.

    Parecer, parece que si, pero non están.

    ¡É Sole quen os crea coa súa cámara!! Colle un anaco de paisaxe e o extende ata o infinito suxeríndollo ó noso maxín.

    Fai cas súas fotos o mesmo que cando conta historias, conta unha parte e para o resto é quen de incitar a nosa imaxinación. ¡Vaia cautivadora!.

    Noraboa.

  11. 22 / Agosto/ 2010

    hola,me gustaria saber,si las casas de las salinas,tienen mas historia,como la de sus antepasados y si hay descendientes,me dejaron cautivada,gracias.

  12. 15 / Novembro/ 2010

    Grazas, odiegho, aí hai datos interesantes!

  13. Isaac
    22 / Xullo/ 2013

    Decatarvos nas columnas da lareira…. son totalmente diferentes na forma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará