Un mundo cheo de índices


O cociñeiro dinamarqués René Redzepi

De súpeto, no caos, chegou o Índice.

Sen saber moi ben con que criterios, o índice organizou o mundo. Respalda -ou motiva- as decisións dos responsables de marketing e das Secretarías de Turismo. Dá orde ao mundo da alta restauración e de cando en vez o revoluciona. A posición nunha lista é algo tan arbitrario e virtual como real nas súas consecuencias.

Ferrán Adrià perdeu onte o primeiro posto da lista San Pellegrino dos 50 mellores restaurantes do mundo e ficou desprazado ao segundo posto, ao que se lle complementou cunha distinción honorífica, Chef da década. Noma, o restaurante dinamarqués de René Redzepi, convertiuse no novo primeiro restaurante mundial. ¿Significa isto algo? ¿Pode ter consecuencias?

É posible que si. Como teño sinalado algunha vez, con independencia do que El Bulli teña gañado como negocio para si mesmo, o efecto tractor para o resto da alta gastronomía española foi decisivo. No esquema reduccionista que ás veces teñen os medios, os políticos e os consumidores, ou sexa, que todos temos, El Bulli representaba a moitos restaurantes -que en realidade podían ofrecer comidas e filosofías moi distintas ao de Cala Montjoi cunha serie de valores que diferenciaban a gastronomía española da italiana, inglesa ou francesa. Obviamente, séguese a ter unha posición preeminante, con tres restaurantes entre os cinco primeiros do mundo e outros cinco no resto da lista. Pero todo parece indicar que entramos nunha nova fase que terá consecuencias na visibilidade internacional da cociña española no mundo (e, xa que logo, da galega, que tamén se beneficiou algo da marca Adrià). Agora ben, desde logo que é calquera cousa menos unha catástrofe. Francia, inexplicablemente, está case desaparecida da lista, pero os seus grandes restaurantes seguen cunha gran vitalidade e clientes, aínda que certamente algo desaparecidos da esquizofrenia pública que conleva a alta gastronomía.

¿Pode estar cambiando tamén a sensibilidade da crítica que realiza estas listas? Nunca probei a gastronomía do mozo René Redzepi, pero os comentarios xerais é o seu estilo, austero, é herdeiro da tradición nórdica na que se sustenta e que se evidencia, por exemplo, nunha intensa conexión cos produtos da terra, as prantas e vexetais representativas dos espazos do norte de Europa. Un estilo en apariencia máis sinxelo, pero que se beneficia dos enormes avances conceptuais, técnicos e tecnolóxicos introducidos por El Bulli na alta gastronomía. Tal cousa parece encaixar cunha nova percepción da gastronomía. Veremos que acontece.

3 Comments

  1. 27 / Abril/ 2010

    “Catástrofe” dende logo que non; pero creo que ós máis de nos converxemos en que esa cume posicional deu máis beneficios perxuicios.

  2. 27 / Abril/ 2010

    Sen dúbida, Daninland. De feito, aínda que a moda da gastronomía esta estendida a moitos países occidentais, nos últimos anos, estou convencido que no caso español deu moi forte grazas a Adrià. Foi unha cabeza visible que tirou por todos eles; estou convencido de que foi un dos factores -pero só un deles- que lle outorgou credibilidade ao .

    O problema vén agora. Non por baixar un posto, supoño (aínda que algo si), senón por saber se iso é unha tendencia á baixa ou só unha situación coxuntural. É dicir, se o conseguido pola gastronomía española a nivel internacional pode caer como un castelo de naipes ou ben se ten capacidade de manterse e seguir sendo atractiva nese ámbito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará