Un novo concepto de póster de películas

Non sei que tal estará a película The Other Guys, pero a xente de Ignition Press elaborou unha sorte de póster interactivo (imaxino que a súa finalidade é reproducirse nunha pantalla plana en vertical) que resulta un exercicio moi interesante. Para velo, tes que clickar no interior do post. Ten un horroroso bucle que provocaría un odio xeralizado cara a miña persoa se o publico directamente na páxina de inicio. Grazas, Alejandro!

2 Comments

  1. 15 / Abril/ 2010

    Francamente innovador. Vou ver como podo artellar un enlace no meu blogue. Merece ser difundido. Saúdos.

  2. 16 / Abril/ 2010

    Menos divertido e elaborado que este, pero a min tamén me molaron os de Terminator Salvation ou o de Gamer, que ademais ten algo de interactividade. Claro podemos asustarnos se isto cae en mans de J.J. Abrams e os seus xogos ‘lostianos’ de marketing viral.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará