Serán así as cociñas do futuro?

Nas especulacións sobre a casa do futuro, non deixa de ser curioso que a cociña sempre fique nun segundo plano. As innovacións son en domótica, en comunicacións, pero se entramos a imaxinarnos a cociña de dentro de tres ou catro décadas, os deseñadores pensan en neveiras conectadas a Internet. Por suposto, hai moita máis innovación por aí. O vídeo que podedes ver a continuación, unha mesa de cociña, é só un concepto producido por Electrolux: non existe nada similar, non se parece a nada. Pero que se imaxine é moi sintomático. Encaixa coas novas nocións da materia, da materia como unha entidade programable, configurable a través de código. ¿Serán así as cociñas do futuro?

(vía)

3 Comments

  1. 25 / Marzo/ 2010

    Bastante alucinante. Trata o mundo físico como se fose o mundo virtual. Cada vez hai máis aparellos que mesturan o mundo real co virtual, pero dificilmente se poderá tratar a materia para que se comporte como algo virtual, transformándose e interactuando con esa facilidade.

  2. 25 / Marzo/ 2010

    Como vea esto Santi Santamaría, le da un chungo que lo mata…jajajaajja

    Un saludo,
    Milu.

  3. 25 / Marzo/ 2010

    Tes toda a razón, é so un concepto…pero que se pense é xa moito, coido que tardaremos en ver cociñas deste xeito, pero pode que algunhas das innovacións imaxinadas nesta…cheguemos a velas. Saúdos e apertas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *