Time Explorer, un divertido xogo histórico para nenos do British Museum

O Time Explorer é unha nova aplicación web do British Museum destinada a crear un entorno lúdico ao redor de épocas históricas para os nenos. Deseñado coidadosamente en perspectiva isométrica, os xogadores deben solventar fases históricas centradas na obtención de obxectos e pezas da época. Inspirador.











