A vida oculta da serra do Suído


O lobo

Gonzalo R. Mucientes e Raul de la Mata decidiron aplicar na Serra do Suído unha técnica fotográfica ben interesante: o fototrampeo. Con sensores vinculados a cámaras fotográficas, colocaban os seus sets en lugares propicios do monte e puideron retratar a abundante fauna das serras galegas que habitualmente se agacha de nós. Aquí está tamén o seu álbum en Flickr. (vía)


A xeneta


O corzo


A garduña


A porca brava coa rolada


O raposo

5 Comments

  1. 15 / Febreiro/ 2010

    Fabulosas instantaneas, achome abraiado ca fermosura da natureza, por máis que a vexa…sempre me abraia. Saúdos e apertas

  2. Xabres da Teixeira
    15 / Febreiro/ 2010

    Grazas, por subir esta fermosas fotos, e polo enlace.
    Para disfrutar da Natureza non fai falta ir moi lonxe.
    Saúdos

  3. 15 / Febreiro/ 2010

    Son unha marabilla. Recoñezo que as que máis me gustan son a da porca brava e, a nivel estético, a do corzo, que ten certo toque “lomográfico”.

  4. reflexf4
    16 / Febreiro/ 2010

    Estan ben, tendo en conta o tempo e a paciencia que se require para ter
    resultados.
    Totalmente de acordo no toque “lomo”……….:-)

  5. Nicolas
    14 / Febreiro/ 2014

    Da gusto non so descubrir imaxes tan maravillosas da fauna na serra do Suido se non ver que hai xente amante desta fauna, porque lamentablemente o que máis abunda son aqueles que adoran exterminar a mesma

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará