Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Libros

Fotografías que son novelas (7)

9 / February/ 2010 3 comentarios

A construción do zeppelin Hindenburg, na década dos 30, con estas escaleiras movibles tan alucinantes. Unha imaxe que engancha co futurismo, con Metrópolis e coa estética do futuro-pasado. Ao ver estes monstros de metal afírmome nunha convicción persoal: os inicios dos futuros sempre resultan toscos, pero ensoñadores. (vía)

Máis Fotografías que son novelas.

3 comentarios »

  • folerpa says:

    Sempre me marabillaron eses trebellos, é mais: construín unha novela para meter un deles, máis humilde claro, dentro. Conto con poder poñerme con ela para depois do verán.

  • Pois xa que mencionou vostede o filme de Herr Fritz, “Metropolis”, quer comentarlle éste Herr Von que pra ledicia de aristócratas silentes ou mesmo pra melenudos con inquietudes artísticas alén de reunións nocturnas etílicas, este vindeiro venres, 12 de febreiro, e nunha nova edición do festival melenudo teutón denominado “Berlinale”, re-estrearase despois de 83 anos ( lóxicamente éste Herr Graf tivo a oportunidade de asistir o século pasado á estrea oficial de “Metropolis” cando a capital xermánica era unha fermosa cidade decadente e non esa feira modernista na que se convertíu actualmente… Ah, “Postdamer Platz” de outrora!… ) a restauración cáseque definitiva dese filme, dunha das obras magnas de Herr Fritz e da historia do cinema; unha magnífica restauración na que se inclúe por primeira vez e depois de facerlle unha boa limpeza, a metraxe perdida de “Metropolis” ( uns 30 minutos inéditos ) atopada ésta de forma accidental por unha melenuda hai dous anos nunha cinemateca arxentina, desas que gostan gardar todo coma acontece no poerento soto do Schloss.

    Tan magno acontecemento é unha magnífica excusa pra unha nova viaxe a Berlín e éste Herr Graf xa ten reservado un palco exclusivo pra degustar de novo o fime de Herr Fritz en todo o seu renovado esplendor, ademáis de acompañar a proxección con varios cocktails a xogo, máis se vostedes teñen problemas de axenda ou incluso pior, se vostedes, MEIN GOTT!!!… ¡pertencen á clase media!, entón, lóxicamente…, non disporán de posibles pra afrontar tanto gasto ( non se poden imaxinar vostedes o que custa un cocktail no ambigú dun decadente cinema berlinés… ) , pero ainda así non se preocupen ( pois xa dabondo sofren vostedes coa súa precaria situación económica… ), pois a canle televisiva xermánico-afrancesada “ARTE” emitirá o evento en exclusiva pra ledicia das clases ordinarias e sen grandes fortunas persoais éstas.

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

  • magago says:

    Herr Graf Ferdinand, grazas por informar á humilde clase media desta posibilidade. Son un gran devoto de Metrópole e é un pracer saber que hai unha versión limpa.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.