Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Paparotas & Co

Ao pé do Lar: As cociñas da xente

3 / February/ 2010 Un comentario

En Ao Pé do Lar, cremos que a historia das cociñas é a nosa historia. De xeito literal, ademáis. Cando camiñes pola expo, irás avanzando no tempo ata hoxendía. E ao chegares á actualidade, a exposición convertirase nun discurso oral, a historias que te contarán directamente a ti, ou en historias que ti nos poderás contar directamente a nós. A vida destas cociñas, ausente dos grandes discursos históricos, sempre foi así: un rumor, unha conversa, un exercicio de memoria. Nunha gran pantalla, persoas coma ti ou coma min contarán unha lembranza das cociñas. Algo tan sinxelo ten un valor antropolóxico altísimo. Ti ves a persoa, imaxinas a súa xeración ou a súa idade, e en poucos minutos descubres todas as transformacións tecnolóxicas do século XX e as que están vindo no XXI. Este pequeno vídeo que editamos é un pequeno trailer do que alí se verá. E resultou emocionante gravalo, ver como de súpeto, no momento no que os entrevistados comezaban a lembrar, a súa cara cambiaba, e se tornaba visiblemente máis tranquila e afable. ¿Quen di que a memoria non é importante?

Eles son o principio da cadea. A idea é que a sigas ti. Unha cámara disposta nun lado deixarate gravar a túa propia lembranza da cociña. E eses vídeos se irán incorporando paulatinamente a esa gran pantalla e á web de Ao pé do lar, tecendo un gran mural vivo da nosa memoria destes espazos domésticos e multiplicando as voces sobre este lugar. Non é necesario contarnos unha tese de doutoramento. Precisamos historias sinxelas, e non necesariamente gastronómicas. Unha persoa que aparecía por alí, Songoku, os bocadillos de nocilla e chourizo ou o frío de inverno, a túa avoa, un amigo, os deberes, unha noticia que coñeciches alí… Só pedimos que sexa unha lembranza relevante para ti.

Neste proxecto contamos coa colaboración de Viña Costeira, que se prestou entusiasmada a participar na exposición. Cada semana sortearemos sete estupendos packs de Colección Costeira (tres bos viños do Ribeiro) entre todos os diferentes participantes da semana. Así que vai pensando a túa historia e cóntanola ao final de Ao pé do lar. Memorias de cociña.

Moitas grazas a Xurxo, Javier, Esperanza, Manuel, Avelino, Noa, Vicente, Álex e Lorena pola súa colaboración!

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.