
José Manuel García
Pois si. Soubémolo onte e aínda non houbo tempo para postear. Come e Fala, o programa gastronómico da Radio Galega, no que colaboro, gañou o Álvaro Cunqueiro deste ano. Unha boa cousa, mercé ás artes do condutor e director do programa, José Manuel García, un home dinámico e inquedo onde os haxa, e cunha curiosidade innata. Se sumamos que o ano pasado cun grupo de alumnos da Facultade de CC. da Comunicación gañamos na categoría de mellor web gastronómico, para o vindeiro pedirei que o premio sexa un xantar co propio Álvaro Cunqueiro, estea onde estea. ¿A que molaba?
Come e Fala gaña o Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico
Previous post: Un deterxente ecolóxico
Next post: Enumerando praceres con David de Jorge


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 1 comment… read it below or add one }
Queridos amigos seguidores deste fantastico blog. Nin que decir ten o contento que estou de que o noso programa recibise este premio.Un premio para todo o equipo que facemos posible que cada domingo cheguemos ata os nosos ointes. Entre eles esta o meu prezado Manolo Gago, polo que aproveito para deixarche unha forte aperta. Grazasssssss