O leigado de Bill Withers

26 / January/ 2010

in Música

Hai diálogos, preguntas e silenzos que xustifican un documental. Este trailer dun audiovisual retrospectivo sobre a traxectoria da lenda do soul Bill Withers, remata con algo magnífico. Un amigo (debe ser un músico coñecido, pero non caio) pregúntalle a Withers:

-Como ser humano e como artista, ¿cal te gustaría que fora o teu leigado?

Mirade o que pasa a continuación. Pareceume fantástico. Nese aceno está a grandeza dun ser humano. Despois escoitarás Ain’t No Sunshine doutro xeito.

{ 5 comments… read them below or add one }

Alex 26 / January/ 2010 at 1:10 pm

O entrevistador é o profesor Cornel West, filósofo e axitador de ideas na comunidade afroamericana.

danielo 26 / January/ 2010 at 4:10 pm

On your way to Wonderful; you are gonna have to pass through Allright. And when you get to Allright, take a good look around and get used to it… ’cause that maybe is as far as you are gonna go.
que frase!

magago 26 / January/ 2010 at 5:26 pm

Si, danielo, unha gran frase. Alex, non coñecía ao profesor Cornel West, pero acabásme de picar. Cando teña un momento tentarei saber máis del.

Alex 27 / January/ 2010 at 2:06 pm

Seguro que te sorprende. Un comunicador nato, demasiado mediático segundo algúns, pero nunca complacente, sin sequera co “irmán” Obama. Por non entrar no uso do hip-hop como linguaxe ou os seus cameos en Matrix, como membro do consello de Sión.

Lizgairo 28 / January/ 2010 at 9:16 pm

con todo respeito, Sr. Gago : ” cal che gustaria que fora o teu….” E o máis importante :excelente o post.

Deixa un comentario

Previous post: XI Xantanza: compostelaneando entre a Praza de Abastos e a Rúa das Hortas

Next post: Un deterxente ecolóxico