Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Paparotas & Co

Unha pescada entre os grandes

22 / January/ 2010 7 comentarios

Foto: Sole

Cando entrevistei hai pouco a Roland Trettl, o cociñeiro do salzburgués Hangar 7 que viña a preparar a estancia dun mes de Marcelo Tejedor neste estraño e espectacular restaurante austriaco, o chef definiume dun xeito un tanto estraño a cociña de Tejedor: “é unha cociña sen portas de emerxencia”. Referíase a que os pratos de Casa Marcelo, en Santiago, son a peito descuberto, non teñen artificios nin camuflaxes.

É o caso da pescada de Celeiro cun pilpil de pemento verde. Nas veces que teño comido en Casa Marcelo, con xente diferente, a chegada deste prato é unha auténtica bomba emocional. En Galicia comemos boas pescadas, e hoxendía a abundancia fai que a pescada do pincho, por exemplo, sexa accesible. Pero este prato, tan sinxelo, que é un prodixio de cocción, co penetrante sabor do pemento entrando por entre as lañas da pescada, provoca sempre reaccións no comensal. Así unha tras doutra.

O xoves 28 de xaneiro, nunha sala de Madrid Fusión, esta pescada será cociñada por Marcelo Tejedor como parte dunha espectacular concorrencia. O último acto de Madrid Fusión será unha homenaxe aos pratos da década do despegue culinario internacional do Estado español. Titúlase Iconos de una década prodigiosa en la cocina española, e os grandes chefs do Estado presentarán o seu prato seleccionado pola organización para ilustrar unha década especialmente brillante para a gastronomía. Estarán Adrià, Arzak, Berasategui, Quique Dacosta, Aduriz ou os Roca, entre outros. E o prato que pechará (aínda que sexa pola orde alfabética que envía ao seu chef para o final), que pechará, digo, Madrid Fusión e a década prodixiosa da gastronomía será esta humilde, sen porta de emerxencia, pero grandiosa pescada de Celeiro con pilpil de pemento verde que Marcelo cociñará.

Dous días despois, degustaremos este prato icónico da gastronomía peninsular na XI Xantanza de Blogastrónomos, que se celebrará en Casa Marcelo. Só de mirar a foto xa me relambo como un gato.

7 comentarios »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.