Every day the same dream, un xogo sobre a rutina laboral

6 / January/ 2010

in Tendencias en deseño

¿Pode ser o aburrimento o obxectivo final dun videoxogo? Así o parece en Every day the same dream, unha peza interactiva en flash un tanto…desacougante feita polo deseñador italiano Paolo Pedercini. É a monotonía diaria dun oficinista gris nunha cidade gris nun cubículo gris, enredado nunha infernal rutina cíclica. Ao mellor ten un final, pero non me deu a rutina para chegar. Interesante como modelo de videoxogos que buscan contar outras cousas, mesmo aburrir, como obxectivo final da narración. (vía)

{ 1 trackback }

» O sonho O Sak está na rede
7 / January/ 2010 o 12:01 pm

{ 6 comments… read them below or add one }

María L 6 / January/ 2010 at 2:49 pm

Deprimente! Eu rematei o xogo suicidándome.

magago 6 / January/ 2010 at 7:13 pm

Certo. Debe ser unha das solucións posibles. :-)

Alex 7 / January/ 2010 at 12:44 pm

A sustancia está precisamente en romper a rutina. Non poñer o traxe, baixar do coche, … Cada vez un paso máis para ser unha nova persoa, como dí a señora do ascensor.

Lucas 8 / January/ 2010 at 9:00 am

Non vestirse, non ir ó parking, falar co homeless e visitar un lugar tranquilo, agarimar á vaca, coller a folla, ser despedido, non sentar no acocho do traballo…
Cando un chega a ser a nova persoa, completamente só, iso si, ve saltar ó que un foi.

el pingue 8 / January/ 2010 at 11:01 am

¡Qué depresión a sumar!

An 8 / January/ 2010 at 8:11 pm

moi interesante, si señor :) por certo, quizas xa o coñezas, pero para min o viño Tamba, de orixe Xapones foi un moi moi recente descubrimento. Saúdos
http://www.tambawine.co.jp/

Deixa un comentario

Previous post: Descubrir novas cardinalidades na gastronomía latinoamericana

Next post: Estrelas e lúas para protexer o gando da Galicia central