Non é exactamente un Best of the Posts de Capítulo Cero, xa que sobre todo o contido do blog destaco sobre todo as experiencias persoais, as cousas que nos vimos e vivimos, pero paréceselle moito. Igual que o ano pasado (repasa aquí o resumo de 2008), no último día do ano tócame facer un resumo das cousas máis destacadas de 2009 no blog. Viaxes, comidas, achados, vídeos, proxectos…A verdade é que o blog sirve, xa o teño dito, como un eficiente almacén de memoria. Mirando mes tras mes as experiencias vividas, a conclusión é: mimadriña, que intensamente vivimos! A segunda conclusión, máis á galega, é pero que cabrón é o mundo e que pouco dura. Faremos por aproveitar o máximo cada segundo deste relampo biolóxico que somos. Aquí vai o 2009 en Capítulo Cero.
Xaneiro

1. Coñecimos o Restaurante Artabria da Coruña
2. En Asturias paseamos polo interesante proxecto artístico de La Laboral en Xixón e probamos a excelente cociña de Pedro Martino preto de Oviedo.
3. Aprendemos a palabra corna no castro das catro ídem.
4. Pecha Toñi Vicente.
5. Comemos cocido en Bahamonde e visitamos unha ruína monástica de Mondoñedo.
6. Coñecemos os vellos relatos do Monte do Seixo.
7. Falamos sobre os ecochefs e a gatrobotánica.
8. Instálase o Spotify nas nosas vidas, e nas de todo o mundo! (e que siga).
9. Descubrimos un novo e xa dos grandes restaurantes compostelanos: Pedro Roca.
10. Coas Nosas Mans gaña o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro a mellor web.
11. Publicamos Roteiros.
12. Convocouse o II Encontro de Blogueiros Gastronómicos no Fórum Gastronómico de Girona.
13. Indagamos na teoría e práctica da compra do xamón.
14. Alucinamos co cromlech megalítico de Lobeira.
15. Viaxamos a Arbo a probar a lamprea curada da señora Rula (e volveremos viaxar este ano).
16. Falamos das novas tendencias na web co xerente de contidos de Clarin.com, Marcos Foglia.
Febreiro

1. Vemos renacer o viño tostado.
2. Celebramos o mes do cocido en Lalín.
3. Cremos intuír unha horta castrexa.
4. Comezamos a prestar atención aos Castelos Baleiros co impresionante, descoñecido e maltratado Castro Valente.
5. Axena publica o documental Volando a lomos de halcones.
6. O Código Cociña supera os 200 blogs.
7. Durmimos na fermosa Casa de Romualdo e exploramos as pinturas murais da Ribeira Sacra.
8. Organizamos o primeiro concurso de Orellas de Santiago e gaña a pastelería Miguel Ángel de Bertamiráns.
9. Fórum Gastronómico de Girona: o Encontro de Blogueiros, o Código Cociña e Girona!
10. Catando tropecentos viños alemáns e saíndo vivo do intento.
Marzo

1. Empezo a twittear.
2. Denunciamos unha agresión ao castro do Coto da Amoeira, en Boiro (e a policía hoxe aínda non se dignou respostarme á denuncia).
3. Celebramos a VIII Xantanza no restaurante Galileo de Flavio Morganti.
4. Desfrutamos como enotaraos no Essência do Vinho do Porto, e comemos no riquísimo Degusto de Matosinhos.
5. Descubrimos a música de Wöyza.
6. Alucinamos co menú degustación e de viños do Celler de Can Roca.
7. Séntome nun banquiño de ermitaño e busco elefantes de guerra nos capiteis da Alba.
8. Entrevístanme no Tortilla de Patata.
9. Exploramos o Castro de Bexo (e quero volver en breve).
10. Capítulo Cero, mellor blog de Santiago e comarca.
11. Tertuliamos ás cinco o’clock en Albeida.
12. Percorremos o fermoso PRG-77 en Boborás.
Abril
1. Definimos os factores para triunfar na gastronomía popular galega. ![]()
2. Indagamos na tradición mitolóxica fidalga de Galicia.
3. Entrevístanme na revista Chefclub.
4 Seguimos a voltas con Castro Valente.
5. Comezamos a xogar cunha Casio Exilim.
6. …e chegamos a Manhattan e logo a Austin e gravo en vídeo a experiencia nun videoblog.
7. Nace lainformacion.com.
8. Unha entrevista en Certo.
9. Coñecemos La Galerie en Vigo (e promete).
10. Exploramos a Torre da Barreira.
11. Publican o achado dunhas intrigantes pirogas castrexas no río Limia.
12. Aprendemos a tirar cañas con Estrella Galicia.
Maio

1. Chega realmente a primavera.
2. Camiñamos polo Candán e Aciveiro no PRG-100.
3. Unha marabilla: Leirana A Escusa.
4. Conversamos sobre infográficos e multimedia no New York Times.
5. Participamos na Resaca das Letras.
6. …e en Navarra Gourmet.
7. Unha escapadiña a Casa Gerardo, en Prendes (Asturias)
8. Defendemos a hamburguesa rural galega!
9. A Xunta como monstro da tradición oral.
10. Pero que boa é Mad Men.
11. Atopámonos co Castelo de Nimo, que logo soubemos que era Luania.
12. Unha grata sorpresa, o restaurante Rodero, en Pamplona.
Xuño
1. Nivelón, os viños dos mallorquíns 4 kilos.
2. O Proxecto Natal de Microsoft pon a todas as empresas de entretemento en revolución.
3. Catando 60 viños da anada 2008 de Valdeorras. Entre lías e barrica.
4. Entrevista sobre blogs e medios en Gznacion.com.
5. Atopamos novos protagonistas na casa dos xudeus de Cabanelas.
6. Falo sobre difusión cultural no Roteiro en Estado Crítico.
7. Publico sobre Novas cadeas de valor en cibermedios nun novo libro sobre coñecemento na sociedade da información.
8. Xunto coa Escola Galega de Hostelería, noméanme socio honorífico da Asociación de Cociñeiros Profesionais de Galicia.
9. Caemos nunha trampa atrapaturistas na Pobra do Caramiñal.
10. Localizamos petróglifos en Luania.
11. Propoñemos a creación da Guía Branca de Restaurantes de Galicia. ![]()
12. Adentrámonos nas impresionantes Covas do Folón.
13. Algúns truquiños para o marisco lover!
14. Alucinamos co novo restaurante Culler de Pau.
15. Comparamos ensaios sobre vellas civilizacións.
Xullo

1. Viaxamos ata a abraiante Ponte dos Mouros, en Fornelos.
2. Dándolle ao dente no Santiago (é)Tapas.
3. Momento coruñés na IX Xantanza: restaurante Alborada.
4. Catando viños de carácter en Monvínic (Barcelona).
5. Bendicíndonos na Penadauga.
6. Os restaurantes urbanos de Santiago fan as súas hortiñas.
7. Perseguimos torres na Arnoia.
8. Iniciamos a webserie documental Mar por Dentro.
9. A narrativa xeográfica de Google Earth é ben inspiradora.
10. Clausuro o curso de verán A sociedade do coñecemento en tempos de crise co relatorio Retos e desafíos da Sociedade da Información en Galicia.
11. O seixo, atracción fatal e cultural.
12. No Porto, encántanos o Restaurante Shis e o local Maus Hábitos.
13. E o viño entra nunha revolución social.
Agosto
1. Négome a máis Rutas dos Muíños.
2. Comezamos a asentar o formato de Mar por Dentro co segundo capítulo: Chocos na súa tinta.
3. Crebamos a cabeza cunha lápida de Abanqueiro e coñecemos da ONG da mourindade galega na Guerra Civil no Castelo de Vitres.
4. Descansamos e traballamos en Carril, agás nos solpores.
5. Percorremos o Con Negro.
6. Avisamos do achado dunha porta monumental no Castro de Soesto, e La Voz de Galicia abre o día seguinte a edición local coa noticia. Meses despois, alí non pasou nada.
7. Pedimos máis brancos da Ribeira Sacra!
8. Lede a Pompeia de Mary Beard.
9. Que elegante, a comida de Yayo Daporta.
10. As mulleres de tres tetas e outras lendas gastronómicas da Arousa.
11. Ficamos namorados de Mugaritz.
Setembro

1. Cantas cousas teñen as pedras dentro!
2. Debemos tomar a cultura pola man.
3. Cremos que está a cambiar o concepto de audiencia online.
4. Presentamos e vivimos El Rioja de Blog en Blog.
5. Caldebarcos, unha gran base para converterse nunha aldea gastronómica.
6. Os mouros seguen a axudar na Guerra Civil no Castro de Socastro.
7. Aguiuncho Barrica e Crego e Monaguillo, mellores viños de Galicia na Cata de Viños e Augardentes de Galicia 2009.
8. Traducimos unha antoloxía poética da Costa da Morte a Google Earth.
9. Cremos que os recordos agora tamén veñen do mundo virtual.
10. A Casa dos Martínez, o noso acocho gastronómico.
11. Vaia viñazos! E boas análises do sector do viño.
12. Un esquío sube polo Pazo de Raxoi.
Outubro
1. Comeza a República de Homes Libres.
2. X Xantanza no Restaurante Culler de Pau.
3. Con James Lovelock en Compostela.
4. O aplicado can-guía de Santa Mariña de Augas Santas.
5. Falamos sobre o vídeo etiquetado.
6. Vemos como a brétema sube polos chans do Barbanza.
7. Alicia Rojas cóntanos a súa vida de muller empresaria.
8. Conversamos con Roland Trettl, do Hangar 7 de Salzburgo.
9. Descubrimos o antigo xantar de Casa Trabazo na Estrada.
10. Vemos a relación entre castelos e mosteiros na República de Homes Libres.
11. As nécoras, protagonistas do terceiro episodio de Mar por Dentro.
12. Gran comida tradicional en Casa Domínguez de Compostela.
13. Visitamos ao viticultor máis sabio do Ribeiro: Avelino Lorenzo.
14. Publicamos exemplos de realidade aumentada.
15. O peche de Soitu.es debe facernos pensar.
16. Encendida discusión sobre o morto de Santo André de Teixido e a TVG.
Novembro
1. Sentindo o canón de Belesar no corazón.
2. Catamos bagos con Xosé Lois Sebio.
3. Imos a El Bulli a poñer a proba os sentidos.
4. Flavio Morganti presenta o seu libro das castañas.
5. Apréndennos a facer o pan á vella usanza en Noente.
6. Revélannos que a Raíña Lupa morreu dun atentado terrorista.
7. Facéndonos algo xaponeses no restaurante Koy Shunka.
8. Con gañas de volver ao restaurante Carboeiro, a ver que tal continúa.
9. Puras casualidades entre Escocia e Galicia.
10. Viaxo a Ecuador, probo o canelazo, visito mercados, procuro a eterna mocidade, alucino co Amazonas, e aprendo novas filosofías e realpolitik á ecuatoriana.
Decembro
1. Liámola no castro de Viladonga.
2. Alucinamos co universo pétreo de Pepe de Barrio.
3. Galicia Confidencial comeza un novo camiño.
4. Gozamos da vida na Veiga.
5. Presentamos o Mapa Cultural Galego en realidade aumentada.
6. Publicamos recomendacións de viños en La Vanguardia.
7. Agasallamos cun pack de coleccionista de El Bulli aos lectores de Capítulo Cero e La Caja de los Hilos.
8. Os blogastrónomos facemos unha exitosa Cata de Gasosas Galegas.


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 5 comments… read them below or add one }
Feliz Ano 2009! Por certo, algún día teras que botar mán dos posts ¨malditos¨!!!
Feliz 2010 para Gago e Sole. moitos destes post son tamén momentos que marcan un ano para os que lemos Capítulo 0
Un perigo: este blog é un perigo. Levo aquí metido dende as oito da mañá vendo cousas terribles, marabillosas, curiosas, fermosísimas, interesantes…
Como no 2010 siga así, xúrolle polo máis odiado que non volvo.
fELIZ 2010. E A SEGUIR…
A verdade é que sigo de cerca Capitulo 0, resultame moi estimulante e, francamente, non para de crecer, Manuel. Noraboa. Deséxoche que sigas desfutando có que fas e exercendo de galego, profesor e “home libre”. Feliz Ano e ilustración.