Un agasallo para os lectores de Capítulo Cero e La Caja de Los Hilos

Estamos que o tiramos! Aproveitando a xentileza do Grup GSR, que nos enviou unha copia a cada un, aproveitamos para sortear entre os lectores de Capítulo Cero e La Caja de los Hilos un orixinal de elBulli, historia de un sueño. Catálogo audiovisual 1963-2009. Un pedazo agasallo que documenta a evolución e os procesos de creación e traballo nun dos restaurantes máis famosos do mundo. Participar no sorteo é moi doado: simplemente hai que deixar un comentario neste post ou no propio de La Caja de los Hilos de Soledad Felloza. Nin sequera precisas dicir unha frase divertida.
Admítense correos ata as 16 horas do día 1 de xaneiro de 2010 (xa sabes o que tes que facer cando espertes con resaca).
O sorteo celebrarase o día 1 de xaneiro de 2010 pola tardiña (avisaremos o día anterior a hora exacta e tentaremos retransmitilo por vídeo en directo), para podercho enviar por correo postal convencional o sábado 2 e confiar que te chegue para Reis (no caso de que esteas no Estado español).
Aquí tes unha descrición máis exacta do agasallo:
“elBulli, historia de un sueño. Catálogo audiovisual 1963-2009″ es una serie compuesta por diez capítulos sobre la trayectoria de uno de los mejores restaurantes del mundo. Los nueve primeros recorren su historia desde que sólo era un chiringuito de playa con minigolf hasta convertirse en el máximo referente de la vanguardia gastronómica internacional. El décimo capítulo es un apasionante viaje por todo lo que acontece en el elBulli, desde que inicia su actividad diaria hasta que, bien entrada la madrugada, cierra sus puertas. Además, “elBulli, historia de un sueño. La película” recoge el montaje realizado en formato más reducido de la historia de elBulli. Esta obra, producida por TVE, con la colaboración de Visual13, y dirigida por David Pujol y Albert Adrià, muestra el trabajo de Ferran Adrià y la relevancia de la gastronomía entendida como expresión cultural.
Ahora llega a disponibilidad del gran público, distribuida por Cameo y recogida en un elegante pack de coleccionista que incluye 4 DVD y un libro.












-Outra que sole ler ,pero non escribe, pero este agasallo motiva a calquera a por unhas verbas e tentar sorte para Reis …senón tocaran carbóns!!
-Agradecervos as vosas apartacións día a día ao longo do ano e animarvos para que no 2010 haxa máis.
-Deséxovos un bo Ano Novo cheo de ilusións, proxectos,alegrías…
-Por certo, non me parece un acto de chulería o de firmar- adicar un regalo que vos agasallades, opino que o deberías asinar vos, xa que neste caso sodes os Reis!!!
Tocaráme a min… OGALLÁ
Carai! estádes xenerosos! un bó detalle c@s vos@s seguidor@s, si señor.
Feliz dous mil dez.
Moitas grazas pola vosa xenerosidade. Son seguidor dos vosos blogs e estou moi agradecido polas vosas achegas. Aínda que non son monárquico, desta volta case me fago fan dos reis “majos”. Saúdos e non emfermar!
Alaaaaaaaaaaaaaaaaa….
A ver si hay suerte.
Milu.
Hola, eu tamen quero participar…
SALUDos desde o Ribeiro, feliz 2010
Prestariame bastante …
y a mí también
Si Señor, compartir é amar!!!!
Mimadriña si me toooooccaaaaaaaaaa.
Dende a Capital do Barbanza, boa saída e entrada de ano.
Hola a todos-as, como vai iso?, boa iniciativa, e gracias a ti Pablo que me tes sempre ó tanto de todo, e que non se cele quen sei eu jjejejeje
“Un nace ou faise ” Os que tivemos a sorte de nacer nunha familia con amplias raigames profesionais, que mamamos o verdadeiro saber, que sufrimos e desfrutamos dun segredo, un bo facer que perdurou e perdura de xeración en xeración. Non esquezamos de onde vimos, e cal foi o camiño percorrido. Gracias a xente como o meu amigo Pachi Baranda esto todo non cae no esquecemento.
Para os que por natureza nos queixamos por todo; e sobre todo polo traballo que nos da o traballo; ahí está xente como meus avós, meus páis, ou a xente que retrata Pachi no seu documental sobre un traballo tan antigo e admirabel, como as Pulpeiras de Arcos, eso si que era traballar, e non o que facemos agora, vai por elas…
“As pulpeiras de Arcos, agora anciás, percorreron Galicia a pé, en carros tirados por bestas ou en autocares onde se mesturaban pasaxeiros e carga. As súas vidas nómadas transcurriron de feira en feira e de festa en festa, con días de sol e noites de xiada. Agripina, Morocha, Pepita, Aurora, Teri, Perigrina e Carme son un diario vivinte desa época. Xuntan centos de experiencias e memorias que nos axudan a entendela mellor”.
Pinchade no enlace para ver o video.
Son un admirador do teu blog e tamen dos regalos que son de balde…
Un saudo e feliz ano
Pois agardando non parecer moi aproveitado…apúntome, ledas festas
Non vou agardar nin á resaca nin a estar peneque, que despois non remexo os dedos polo teclado… eu apúntome xa
Bueno, haberá que intentalo. Xa que non foi na loteria, a ver si o señor Gago e o noso calvo da sorte…
Unha aperta!
Sodes os mellores. Tamés por isto
Boa sorte para todos.
Outro mais que tenta a sorte, xa quen non tocou a lotería de nadal……..
A ver si me toca, que ando descreido con esto da sorte. Que teñades un ano bo, e que todos o vexamos/leamos
Cun agasallo así, vas superar o récord de comentarios! Outra máis que se apunta. Boas festas e mellor ano 2010!
Serei eu o afortunado !!! Ummmm, non o creo, nunca tiven sorte nestas cousas.
Feliz ano.
pois por probar que non quede…
a ver…, que metín o comentario anterior sen email e non vaia selo demo…
Pois por intentalo que no quede…
A cabulli regalado…
… veña, envíamo xa que pa que vas sortealo se me toca sempre. Se non me toca será porque conseguirei sitio pa catro no seu restaurante.
Preferiría unha invitación para dúas persoas para cear nese restaurante, anque se toca non o desprezo
¡¡¡ufffffff!! llego a tiempo para el sorteo…..
bueno, xa estades inscritos todos/todas. Hoxe ás 21 h. se procederá ao sorteo!
Vaia suspense¡¡¡
Pois xa está resolto!
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/01/01/e-o-ganador-do-pack-coleccionista-de-el-bulli-e-massitet/
feliz ano!!