Tablets 2010-2011: o retorno

24 / December/ 2009

in Medios, Tendencias en deseño


Concepto de tablet que están deseñando a xente de OLPC para a súa distribución en países do Terceiro Mundo (máis información)

Teño a impresión de que no 2010-2011 os tablets PC, esa tecnoloxía na que moito tivo investido Microsoft e outras compañías no seu momento e que nunca chegou a callar no consumidor, volverán con moita forza. As novas pantallas multitáctiles, cun consumo enerxético reducido e un nivel de contraste moi decente, poderían crear novos dispositivos que porían en dificultades a emerxencia dos libros electrónicos mesmo antes de triunfar no mercado. Polo de agora son conceptos, por suposto, pero ao mellor a finas de 2010, veremos as presentacións dun novo tipo de tablets, de pantalla completa, ideais para a visualización de contidos.

Concepto de Tablet para ver revistas (Bonnier)

Aínda que, como di Juan Varela, estes tablets non solucionan o problema de encaixe das revistas en Internet, que precisan de novas narrativas, non de facsímiles dixitais. (vía)

O fake do agardado Tablet PC de Apple

Parece ser que é trola, pero tamén a idea está aí detrás. Os rumores de que Apple lanzará un novo dispositivo en este estilo, polo demáis, son ben coherentes. Apple ten unha excelente tenda en liña, iTunes, e sería raro que quixera perderse o carro do libro electrónico. A editorial é a última das grandes industrias culturais que aínda non entrou plenamente no carro da dixitalización.

{ 1 comment… read it below or add one }

An 29 / December/ 2009 at 12:08 am

Eu teño unha N800 (o que se ve neste comentario esta a anos luz de ela) pero é moi cómoda e útil para ler o correo, escribir notas e máis cousas. Supoño que estes que se ven eiqui son moitísimo máis avanzados que o trebello de nokia e non me parece unha tolemia que cheguen a ser populares.

Deixa un comentario

Previous post: Capítulo Cero: seis anos de blog e unhas boas festas

Next post: Un agasallo para os lectores de Capítulo Cero e La Caja de Los Hilos