Capítulo Cero: seis anos de blog e unhas boas festas
Exhaustos, derreados, pero satisfeitos. Hoxe soou o último click para Ao pé do lar e retratou un sorriso, un sorriso envolto nunha luz de cadro holandés, cunha estufiña de butano, licor café con augardente da Ulla, café de pota e o postre da avoa. A produción de Ao pé do lar é estresante de vez, ata que chega o momento de entrar en acción. Aí o tempo debe deterse, baixar as voces, concentrarse, reducir xente en escea e agardar a que chegue o xenio, sen nome, que te fai saber, no momento, cal de todas esas é a foto. Agora é tempo de revelado dixital, e máis e máis ordenador, para pechalo todo.
Pasóuseme o aniversario do blog, que foi o día 14 deste mes. Seis anos de Capítulo Cero, nin máis nin menos. Coido que é (acepto correccións) o máis veterano un dos máis veteranos blogs activos e actualizados en galego. E aínda que este mes non actualice moito (todo o tempo se me vai nestoutro proxecto), Capítulo Cero segue en boa saúde, por moito tempo, e ademáis cada vez con máis ilusión (despois da exposición virán outros ventureiros grandes e pequenos proxectos). Celebralo nestas datas é para min un doble motivo de alegría.
Moitos parabéns nestas festas, señoras e señores. Disfruten cos seus, que eu farei o mesmo cos meus.












Parabéns, Señor
Graciñas polo esforzo de estar sempre dando moi boas historias nas que refrescar a fadiga do día. Teño moitas ganas de ver ese “ao pé do lar”. Unha aperta e boas festas.
Faremosche caso, unha vez máis. Que sexa noraboa e que o pases ben.
Noraboa, señor Magago, e que sexan polo menos seis veces seis anos máis!
pois bon nadal e noraboa polo aniversario do blog. Teño gañas de ver axiña ese traballo fotográfico, espero que nos informes onde vai ter saída.
Parabéns! Todo un veterano, si.
Moitos parabéns, Manolo, e boas festas.
Felicidades, Manuel.
Parabens, e Felices Festas a todos…. todos!
Llevo pocos meses siguiendo estre blog, y lo estoy disfrutando mucho: que continúe así muchos años.
Parabéns polo aniversario, e Felices Festas!
Moitas grazas, señores e señoras!
Parabéns polo aniversario, e moi boas festas.
Boas festas e feliz aninovo! Felicitacións!
¡Cómo non¡?. Tamén eu me uno ás felicitacións por eses seis anos, inda que algúns xa pilláramos á “criatura” cuns tres aniños. ¡Que rápido medran os condenados!!.
Felicitacións para ti, e para Sole, pola paciencia que se lle supoñemos. E para todos nos, que desfrutamos destas páxinas case acotío.
Que pasedes un bon Nadal algúns, e boas festas do solsticio de inverno para a maioría.
boas festas D.Manuel and company. De momento, do seu encarjo,nadita mais sejimos buscando.
lapatianco jracias,vexo que non son o unico…….
¿Para cando unha xuntanza de CapituloCeroeiros?
Con aviso anticipado, roteiro e xantar incluidos. ¿Quizais para celebrar os 6 anos e medio?.
son seis anos de gozar coas túas palabras! moitos parabens e bo nadal para ti tamén, benquerido Manolo!
unha aperta
Lapatianco, levámolo pensando algún tempo, despois do de Viladonga. Poderíase facer algo divertido en primavera, un todo incluído como ti dis. Xa queda anotado. Se andamos ben de tempo pode ser un punto!
Un auténtico placer ser seareiro desta bisbarra dixital. Parabéns polo aniversario y polo ano que entra
Un auténtico placer ser seareiro desta bisbarra dixital. Parabéns polo aniversario e moitos éxitos para o ano que entra
Parabéns por ese “último click ” e a pensar nesa primavera, que promete ser interesante.
Ainda que non considera a Pawley, nin a Goretoxo, nin a Cesare, …parabens!
Beizóns polo aniversario!
Vamos para vellos, porque o meu terá oito anos a finais de xaneiro…
Parabens!!! E que sexan moitos anos máis¡¡¡
Parabens a nos todos por poder disfrutalo…