A audiencia do New York Times, en vídeo

22 / December/ 2009

in Medios, Tendencias en deseño

Estes dous vídeos do New York Times amosan a evolución da audiencia do sitio do New York Times ao longo dun sitio de información diaria, na que converxen os diferentes husos diarios cos usos do sitio web polos seus visitantes. ¡Que pouco investigada temos desde a universidade a audiencia dos cibermedios alén das súas cifras básicas!

Audiencia nos Estados Unidos:

Audiencia internacional:

{ 3 comments… read them below or add one }

R. 23 / December/ 2009 at 11:28 pm

Non sei que programa concreto empregarían os americanos para facer esta análise do tráfico xerado polo NYT, pero non é demasiado difícil facer estes estudios tendo acceso á información base necesaria. Se aos medios galegos lles interesase ter esa información creo que a USC ten xente preparada para sacar resultados rápidos e moi proveitosos. O mapa paréceme moi interesante para ofrecer servizos de publicidade nos picos altos de audiencia. A miña dúbida é se o mercado aquí está tan desenvolvido como para que exista esa demanda tan diferenciada.

magago 24 / December/ 2009 at 2:05 am

Debe estar feito con Arduino ou similar. O quid do asunto non é o programa ou a visualización de datos (que tamén), senón sobre todo a súa comprensión e interpretación, non só no que nos din a nivel socioxeográfico, sociocultural ou socioeconómico, senón sobre todo no que nos contan sobre como os usuarios empregan a páxina. Sorprenderíaste da escasísima bibliografía académica que hai nas Ciencias da Comunicación sobre análise de audiencia web.

R. 24 / December/ 2009 at 12:34 pm

magago, pois non entendo por qué hai tan pouca bibliografía académica sobre análise de audiencia web porque o tema parece non só fascinante senón tamén imprescindible para os propios medios. Supoño que dentro de moi pouco tempo non ter eses datos analizados será comparable a non saber agora a tirada ou os lectores. Igual é que iso das estratexias “proactivas” lles parece a algúns que debe ser o nome dalgún iogur.

Deixa un comentario

Previous post: Recomendacións de viños por nadal en La Vanguardia

Next post: Capítulo Cero: seis anos de blog e unhas boas festas