Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » De viños con Wagner, Paparotas & Co

Grandes Viños do 2009 (que podemos mercar)

19 / December/ 2009 Sen comentarios

A verdade é que non son moito de publicar listas de compra de viños, pero non me resisto a lembrar algúns dos grandes viños dun gusto máis que probei neste ano a prezos asumibles, por se a alguén lle poden interesar. Son só algunhas pequenas suxestións, e quédanme moitas no tinteiro. Recoméndovos consultar The Wine Codex para achegarse máis aos vosos gustos.


Finca Garabato Cepas Vellas 2007 ou 2008
. Un dos mellores albariños, sen dúbida, para os que, coma min, non gustan demasiado de viños moi ácedos.

Pezas da Portela 2006. Un gran godello de Valdeorras que sempre funciona moi ben.

Venta la Ossa 2005. Os viños de Castela A Mancha deron un gran salto nos últimos anos. A extrovertida etiqueta dunha osa larpeira que caracteriza a este viño non debe ofuscarnos. Este é un saboroso coupage con intensas notas balsámicas. Non é para todo o mundo, pero é un viño tremendamente goloso co que disfrutar, e se atopa con moita facilidade.

Alma Tobía Tinto de Autor 2005. Un Rioxa moi diferente, unha mostra da versatilidade do tempranillo cando se deciden explorar novos vieiros. Recomendadísimo para os amantes dos grandes tintos de corte moderno.

Avan Concentración 2004. Un gran Ribera del Duero a un gran prezo, especialmente tendo en conta a subida de parra dos Riberas, non sempre acompañada da calidade, igual que no Priorat. Este Avan é honestísimo, e gústalle tanto a clásicos como a modernos.

Pombal do Vesuvio 2004.
Se conseguides este Douro, ides ser a sensación de calquera festa de amantes do viño. Non é caro, pero é unha auténtica expresión das potencialidades do Douro en grandes tintos a nivel mundial. Así de claro.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.