Galicia Confidencial: un novo camiño

Hoxe, ás 02:30 da mañá (¿por que os medios electrónicos sempre comezan cunha declaración de insomnio?) activouse o terceiro cambio de deseño de Galicia Confidencial. Pero neste caso é tamén un salto cualitativo, incorporando moita máis opinión e información. Xurxo Salgado, o director, reformulou o produto dando un salto ambicioso nun momento perigoso para o xornalismo tal e como o entendiamos ata agora. Moi boa ventura na nova andaina!












O deseño resúltame prístino, como se de súpeto se pintase máis clara a parede, se prendese unha moderna instalación de luz branca e se abrisen uns grandes ventanais laterais e cenitais nun local case en penumbra, máis pequeno e mesmo semiclandestino.
Por iso eu sempre insisto na capacidade de transmitir metavalores do deseño visual dos sitios. Cando a xente se preocupa só do contido non se decata de que a imaxe tamén é contido, e de que é a carta de presentación do medio. Galicia confidencial ten os mesmos posts que hai unha semana, pero parece un medio.