Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

O universo pétreo de Pepe de Barrio na Veiga

13 / December/ 2009 9 comentarios


Fotos: Sole

Ao pouco que andas polas pistas do concello da Veiga (Ourense), ás entradas das aldeas ou no alto de solitarios penedos no medio de ningures comezas a ver algo raro. Hai esculturas por todas partes. Na entrada das aldeas as estatuas representan os santos patronos. E no alto dos penedos, formando parte da paisaxe, aparecen outras estrañas figuras, modernas pero dun intenso primitivismo románico. En canto te vas achegando á zona cero desta epidemia escultórica, que é a aldea de Lamalonga [localización], a cousa se intensifica. Esculturas por todas partes, pero tamén figuras de santos en baixorrelevo nos penedos, caras que parecen agromar das paredes.

Antes de entrar en Lamalonga aparece, canda unha pista polideportiva, un tótem-cruceiro de proporcións descomunais.

E, na outra banda da vila, un enorme obelisco cheo de motivos de aves, anxos, flores, engloba a fonte da vila. Para o noso abraio, da outra banda, unha figura en pedra sinala o inicio da 5ª avenida!

Indubidablemente, todas estas pezas foron feitas pola mesma man. E esa man non é outra que a historia de Pepe de Barrio. Miles de pezas en pedra e madeira que enchen as aldeas e os recunchos rurais da Veiga feitas por este señor desde o momento que se xubilou, de volta dunha emigración que o levara por París e Madrid. Na xubilación, cando o médico lle prohibiu traballar no campo, Pepe descubriu o tema da artesanía da pedra. E comezou a traballar como un animal, trece ou catorce horas diarias, como se tivera que cuspir na pedra un universo que lle bulira nos pulmón durante toda a vida, recreando continuamente o seu mundo relixioso e o universo rural. O vello ía ao monte no chimpín, cargaba as pedras, e ofrecíalle de agasallo a todas as aldeas o seu santo en pedra para as portas. Moitas xuntábaas na 5º avenida, ao carón da súa casa e da igrexa á que ía a misa todos os días.


O escultor e a súa familia


O can da casa

Coa indiferencia ou a admiración local, Pepe encheu a veiga de miles de esculturas en pedra durante todos os anos da súa xubilación, parando só os domingos e facendo viaxes excepcionais nos que o pequeniño vello, pucha na man, se paraba diante dos pórticos románicos e coa boca aberta memorizaba unha e outra vez a arte dos escultores medievais para reproducila no seu obradoiro de Lamalonga.

Pepe de Barrio morreu no 2004, aos 87 anos, pero a súa obra segue coidada, convertindo a esta aldea e a esta contorna das montañas nun lugar orixinal, no que as chiscadelas do vello nas pedras da contorna seguirán abraiando aos visitantes nos séculos que virán.

9 comentarios »

  • paideleo says:

    Unha descuberta incrible. Lémbrame unha personaxe de Marín que facía petroglifos pola zona esa.

  • MJ Méijome says:

    Tomamos nota. O can de pedra atado cunha cadea é toda unha declaración.

  • Eulogio says:

    Eu so lle quitaría unha cousa, as placas que lle puxeron que parecen de cementerio.
    Aquí tienes una entrada mía prima hermana de esta:
    http://logio.blogspot.com/2009/08/la-aldea-de-las-piedras.html

  • chuza.org says:

    O universo pétreo de Pepe de Barrio na Veiga…

    Ao pouco que andas polas pistas do concello da Veiga (Ourense), ás entradas das aldeas ou no alto de solitarios penedos no medio de ningures comezas a ver algo raro. Hai esculturas por todas partes. Na entrada das aldeas as estatuas representan os sant…

  • Sara Maria says:

    Precioso… Y que fotos!!

  • xarope says:

    é unha fusión medievo-franquista que non sei se resta máis que suma… nas fotos que ligan a outro blogue nos comentarios, aínda se poden ver cousas máis feas nas que mistura pedra “comprada” e esas placas de lápida como a da 5ª Avenida.

    Pero as esculturas que pasan por mediavias polo “bravas” que son, tipo “Peto de ánimas”, molan, se me cadrase de veciño e vendo que disfruta co tema, aínda lle encargaba algunha ;)

  • REFLEXF4 says:

    Se chega a morar no Castro de Viladonga, deixa aquelo
    que nn faria falta nin excavalo….:-)

  • magago says:

    Eulogio, coincido co tema cementerio.

  • Certo says:

    Im Presionante, que diría Jesulín…
    Iso lémbranos que hai un fulano nunha aldea de Boiro ou Noia que tamén tivo esta teima, pero non traballaba tanto. A ver se recuperamos o contacto e lle facemos algo (referímonos a unha reportaxe, que outra cousa ía ser?)

    E logo de ver a ligazón de Eulogio, totalmente de acordo co das placas, que fan dano á vista. Imaxinamos que por iso Sole, con tan bo ollo, apenas as fotografou…

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.