Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Notas arqueolóxicas, Roteiros

Un convite a todos os lectores de Capítulo Cero este venres 11 no castro de Viladonga

9 / December/ 2009 24 comentarios

Estes días case non actualizo o blog porque no pouco tempo libre que teño estou mergullado na produción da exposición Ao pé do lar que estamos a producir para o Fórum Gastronómico de Santiago 2010 e que se poderá visitar en febreiro no Museo do Pobo Galego. Son días intensísimos, nos que facemos unha auténtica viaxe interior aos interiores de Galicia, viaxamos ao máis íntimo dos fogares do noso país e atopamos marabillas nos lugares máis insospeitados. Somos privilexiados que descubrimos os tesouros que gardan as familias na súa intimidade doméstica, abraiados coa xenerosidade e a paciencia da xente. Xa vos daremos máis datos.

Pero queremos propoñervos algo especial para liarvos tamén a todos vós na exposición, se vos apetece, porque cremos nos proxectos colectivos, nos proxectos que son, de xeito directo e indirecto, creados por moitas persoas e porque todos os que ledes Capítulo Cero -algúns mesmo desde decembro do 2003, xa van anos- sodes tamén inspiradores deste proxecto. Para Ao pé do lar, precisamos unha fotografía dun castro cheo de xente. Así que contactamos co Museo de Viladonga e a Asociación de Amigos do Museo, que nos van axudar a realizar unha fotografía colectiva do Castro de Viladonga, en Castro de Rei (Lugo). Sería para nós unha gran alegría que te uniras, ti e quen ti queiras, á foto. Precisamos canta máis xente mellor. E non te preocupes: non te imos vestir de Obélix nin poñer unha barba postiza ou darte un caxato druídico en plan celtopop (outra vez será, hehe). Vén de paseo e con gañas de rir. E se podes vir con máis xente, mellor que mellor. Será este venres 11 de decembro de 2009 ás 15:30 h. . Aquí podes consultar a localización do castro e este é o web oficial do Museo.

Para os que non son de Lugo, fica algo lonxe, pero non tanto (75 min desde Santiago, ídem desde A Coruña), pero pode ser unha gran excusa para coñecer un dos castros máis interesantes de Galicia, saudarnos e tomar un licor café. :-)

24 comentarios »

  • Xavier says:

    Unha boissima idea! Magoa de que dende A Limia quede un pouco lonxe… se fora máis tarde na primavera con mais horas de sol iria sen dubidalo!!!

  • chuza.org says:

    Convite a todolos lectores de Capítulo Cero o venres 11 no castro de Viladonga…

    Dende o blog Capitulo Cero queren proporvos unha fotografía colectiva do Castro de Viladonga: ¨Sería para nós unha gran alegría que te uniras, ti e quen ti queiras, á foto. Precisamos canta máis xente mellor. E non te preocupes: non te imos vestir de O…

  • R. says:

    Manuel, intrigados nos tés coa exposición. Seguro que é fantástica. O venres sería xenial celebrar así o meu cumpleanos. Se me deixan alí estarei. Non confirmo nada porque non quero ilusionarme de balde pero ogalla haxa sorte. Apertas

  • magago says:

    Claro, R. O licor café para brindar está asegurado. :-)

  • paideleo says:

    Se fose a partir das cinco aí estaría coma un cravo pero vai ser que non.

  • [...] 11 de diciembre, 15,30 horas. La cita convocada por Capítulo Cero es en el castro de Viladonga, es decir, en el poblado del Asterix lugués. El [...]

  • MJ Méijome says:

    Que levamos? saia de baile ou zocas de auga? ;)

  • folerpa says:

    Estaría encanatdo pero resúltame imposible, meu. Un dos momentos máxicos deste verán foi un solpor aí mesmo cos nenos, Un sitio ben fermoso, abofé. Sorte!!!

  • [...] eco desta convocatoria que propón o gran Manolo Gago dende o seu Capítulo Cero. Eu non poderei acudir, pero convido a [...]

  • faragunde says:

    Coincido con Paideleo: se fose a partir das cinco se cadra o tería máis fácil, dado que non me queda lonxe. A ver que se pode facer… En todo caso, a que hora acabaría?

  • xmanoel says:

    15:30 ¡mecachis na hora! ¿aceptades tardóns?

  • violeta says:

    Mágoa de enterarme a estas horas porque éme imposible cambiar de plans.E logo na finde non pode ser?
    Saúdos

  • Mary Mora says:

    Se o tempo está bo mañá pola mañanciña contade con dous de Lalín (quen di ás 15:30 tamén di ás 15:40)

    Saúdos ;)

  • magago says:

    Grazas a todos e todas, tanto aos que podedes vir coma os que non!

    A verdade é que ten que ser este día e hora por unha confluencia de factores: é cando coincide mellor para a xente da contorna, ten que ser a esa hora por cousa da curta luz que temos polas tardes e ademáis ten que coincidir cos días de produción fotográfica. Encaixe de Camariñas, señores e señoras!

    Xmanoel, Mary, podemos agardar por vós ata as 16:00 h. :-)

  • Elena says:

    Pois quedame pena pq me apetecia ir pero saio as 15:30 do chollo e non me da o tempo!!cachis!!.
    O comentarei con algun- algunha compañeira da asociación haber se pode.
    Poñedelle un sorriso na foto que tendes sorte poder estar ahi a esas horas.

  • maelock says:

    Non chegoooo !!!! Que mágoa……..

  • xmanoel says:

    se cadra me da unha arroutada e aparezo mañá, pero en principio me disculpo… eso sí, de non ir quedarei cas ganas de ver a coma resultou a sesión de fotos…

  • lapatianco says:

    Mecagho en tal, que non vou poder ir. Asuntos laborais e familiares non me deixan.

    Pero a verdade é que non creo que caibade todos ¿eh?, entre os que estaredes físicamente, e os que estaremos en espíritu (que tamén deberiamos contar), dubídoo moito.

    E aproveitando que o Miño pasa por Lugo e Oursense, deixo enlaces sobre encontros co Patrimonio en Arteixo:

    Andaina:
    http://sites.google.com/site/axendaacme/caminata

    E unha xornada de conferencias e charlas moi interesante, incluindo cases de defensa do patromonio feita por veciños:
    http://sites.google.com/site/axendaacme/conferencias

    Saúdos, e noraboa pola iniciativa conxunta.

  • Arteixo says:

    Unha boa iniciativa! e oxalá vaia moita xente, a expo da que falas haberá que ir vela.
    Eu como Lapatianco invítovos á CAMIÑATA e a XORNADA DE PATRIMONIO LOCAL os enlaces son os que el deixou así que non me repito, só recalcar que é importante apuntarse porque o sitio non é todo o grande que quixeramos…invitad@s quedades, pois!
    Magago, sorte ca xornada de hoxe!

  • carlos says:

    Xa tiña a jefa convensida,iamos ir ,pero os seus xefes non a deixan sair antes do traballo,e como vostede sabe non me da tempo a chejar a” tempo” dende Atenas .Unha jran pena,dúas para ser exactos, non poder coñecer Viladonga e ós seus lectores.Beba un licor cafe por min.apertas.

  • xurxo says:

    acabo de velo… non me da tempo, mágoa xa que hoxe por haches e bes non fago nada da tese e teño que ir a Coruña…

  • Rodrigo says:

    Caji na Marilús! Vexo tarde a convocatoria… Eu dende Sarria chegaría nun chisco. ¿Houbo licor café para todos? ¿Estragouvos a foto a neboa? Xa contaredes…

  • PabloV says:

    eu tampouco chego :(
    apuntome para outra

  • magago says:

    Pois a foto quedou moi chula (xa a veredes) e tivemos a moita xente no bonito castro de Viladonga. Foi un enorme pracer compartirmos esa tarde con todos os que asististes!

    O certo é que isto foi todo moi depresa. Quedeime pensando se non sería divertido montar algo contra a primavera, nunha fin de semana para facilitar a viaxe a todo o mundo. :-)

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.