Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Un emperador alemán na ría de Vigo

2 / December/ 2009 Un comentario

Guillermo II con Vigo ao fondo


A escuadra alemana saíndo da ría


Afonso XIII e Guillermo II

Estas fotos seguro que farán as delicias dun distinguido lector deste blog, do conde Herr Graf Ferdinand Von Galitzien, o aristócrata silente teutón que ten un dos blogs máis orixinais que coñezo: sobre críticas de cinema mudo, escritas como desde a época.

O que ves é ao emperador alemán Guillermo II (1859 – 1941) dándose un paseíño pola ría de Vigo en 1904 coa súa escuadra naval (ver galería completa). As fotos pertencen ao arquivo persoal do emperador, que se garda no pazo de Huis Doorn e que agora se dixitalizou. A galería fotográfica relata un encontro mariño entre Guillermo II e Afonso XIII: polas fotos, parece que os dous están a xogar a Afundir a Flota. Pero se cadra estaban a procurar o tesouro de Rande. De aquela, o libro 20.000 leguas de viaxe submariña de Xulio Verne xa era un bestseller mundial.
(vía)

Un comentario »

  • MEIN GOTT!!!…

    Ah, que boas lembranzas garda éste Herr Von desa viaxe marítima polo ría de Vigo de fai xa algúns anos… unha iniciática viaxe xermánico-marítima, ja wohl! e que influíu de xeito notorio á este Herr Graf, nomeadamente, no seu escudo heráldico e non pense vostede que foi doado convencer ós antepasados ( sobretodo ó mortos ) encol de alterar os sonoros e orixinais apelidos teutóns deste aristócrata xermánico…

    Por certo, outro evidente signo de distinción aristocrática e que os teutóns gostan navegar polos mares en buques aparentes ( unha boa fragata, un rexo acoirazado ou mesmo un submarino xermánico pra contemplar, sen quitarse nunca o casco Prusiano, as vistas submarinas ) nada que ver con esas embarcacións tan ordinarias e que tanto gostan ós novos ricos.

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.