
A hostería La Vieja Molienda
En Ecuador, as hosterías son as nosas casas de turismo rural. Pero fixádevos o curioso: estas casas en realidade eran as antigas facendas dos terratenentes. O resto eran humildes chozas que non podes rehabilitar con facilidade. Onte, na Hostería La Vieja Molienda, unha antiga casa de señores de Loja no camiño a Vilcabamba, de súpeto comprobei como as viaxes nos valen para comprender a nosa propia gastronomía.
-A cecina trouxérona aquí os españois -coméntannos Hernán e a xente da UTPL que nos acompañan.

De súpeto vexo este prato e comprendo cousas. Hoxendía, o uso que temos da cecina, curada no Bierzo, León ou Zamora, é un uso asimilado ao consumo de xamón: cortada moi fina, cun anaco de aceite. Pero a cecina era unha técnica de preservación a partir da cal se podían facer múltiples pratos. Esa tradición da carne seca, cociñada de múltiples xeitos, que perdimos en moitos sitios da península, presérvase aquí. E está ben saborosa.


Manuel Gago é xornalista e profesor universitario. 








{ 1 comment… read it below or add one }
O “tasajo” é un prato delicioso da cociña cubana: cecina de cabalo cocida e despois desfebrada para pasar pola tixola cun sofrito de cebola, allo, pemento, ourego, cumiño… Con arroz branco é estupendo.