
É o antigo fogar dos indios Shuar, hoxe unha das tres etnias que conviven, xunto cos saraguros e os colonos, no estado ecuatoriano de Zamora. Aquí comeza o Amazonas, e a selva gabea montes arriba, nun territorio fascinante, emocionante. Alá fumos conducidos por Don Polidoro, con Abel Suing, Magay e Alejandro.
Tes lido e visto moito sobre esta selva, a maior masa forestal do planeta, pero non es consciente do que representa ata que te metes no seu interior. Unha explosión biolóxica, onde en cada lugar que ollas, o número de variedades de prantas supera a trintena facilmente, no que enormes bolboretas de cor grácil beiréanche e non te queren deixar, onde as formigas constrúen pequenos volcáns e corren papagaios, loros, os famosos gallinazos das novelas do realismo máxico ou os pequenos osos que viven nas zonas altas do Podocarpus, do Parque Nacional. Ao mirares, descubres fervenzas que caen, algunhas delas, de máis de cen metros de altura, como fíos de prata que penduran do céo. E a enorme humidade que existe no ambiente, coma o plancton que precisaran todas estas prantas para subsistiren. O Amazonas é un lugar incrible. Aquí van algunhas fotos.


A pequena cidade de Zamora, entrada do Amazonas

Un reloxio vexetal. Todo un símbolo.

As menciñas do curandeiro. Case todas produtos vexetais desecados.










Por certo, visiteino con febre e indisposición xeral, que é como hai que visitar o Amazonas, de acordo cos relatos dos viaxeiros desde o século XIX. :-)
¿E xa tomou quinina para compensar a febre, Dr Magaginstone (supoño)?