Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

De Quito a Loxa

27 / November/ 2009 Sen comentarios

Xa estou en Loxa, ao sur de Ecuador, a unhas tres horas da fronteira peruana. A cidade e o aeroporto, encaixados en cadanseu val, separados por corenta minutos de serpeante estrada polo medio dos Andes. Os Andes. Despegar de Quito bríndanos imaxes como esta: o volcán Cotopaxi, o Pescozo da Lúa, o volcán en activo máis alto do Ecuador, que case acada os 6000 metros de altura. Non teño tempo para escribir (a ver se hoxe pola noite), pero hoxe estiven visitando a Universidad Técnica Particular de Loxa, un proxecto interesantísimo do que falarei dentro duns días. Por agora, fiquemos por esta imaxe desde a fiestra do meu hotel: esta é a tranquila cidade de Loxa.

Hoxe pola tarde teño un obradoiro na UTPL (ver entrevista) coa xente de comunicación. E todo se está a preparar para o Barcamp 09 que se vai celebrar mañá na cidade. Un encontro de amantes de blogs, cíbermundos e tecnoloxía que promete moito. Aquí tedes o programa.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.