Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario

Escocia-Galicia

21 / November/ 2009 12 comentarios

Mary Beard, da que xa falei en Capítulo 0 polo seu excelente libro divulgativo sobre Pompeia, publica estes días no seu blog no Times Online estas fotos de algo que lle resultou abraiante, durante a súa viaxe a Escocia. Unha fonte ao redor da cal a xente pendura roupas persoais con finalidade curativa. Deume a risa, claro. Nestoutras dúas fontes curativas estivemos nós hai pouco en Outes:


(apréciese o impagable momento braga). Ermida de San Xoán do Carballoso (Negreira). Fotos: Sole


Nosa Señora do Rial (Outes)

Xa saben, pura coincidencia. Non vaian a pensar outra cousa, ho, a ver se vos van tachar de algo e despois me veñen a protestar a min por meterlles estas absurdas e indemostrables ideas na cabeza. ;-)

12 comentarios »

  • tocajuevos says:

    que se pase tamén por San Adrian en Malpica, so para confirmar que o mundo está cheo de coincidencias :-)

  • jh says:

    offtopic: manuel, e non haberá algún restaurante interesante que abra os luns nos arredores de compostela?

  • Andrés López says:

    Si, no santo Estevo de Barreiros (Lugo) tamén hai estas “cadradas”. Alí, por suposto, unha fervenza, a correspondente fonte de augas de ferruxinosas ao pé da ermida e, o non vai máis: a pegada dunha pata do cabalo do Apóstolo cando loitaba contra os mouros!

    (Vexo esa braga moi moderna para a ocasión. Os mercadiños están a facer estragos!)

  • MEIN GOTT!!… Eis a “globalización nacionalista”!!!

    Herr Graf Ferdinand Von Galitzien

  • magago says:

    jh, pois así de memoria non che sei dicir nin que si nin que non…En Santiago, a Viña de Xabi abre os luns pola noite, por exemplo.

    O mellor que che podo axudar é que consultes no meu Google Maps restaurantes da contorna e lles chames para preguntar (lembra que son varias páxinas, tes que ir ao final da lista que está na esquerda para navegar polas diferentes páxinas do mapa):

    http://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&hl=es&msa=0&msid=116032577529155518220.00000111d78e2747569d4&t=h&z=5

  • W. Sobchak says:

    Agardo que os atllantistas fervorosos disimulen a molestia, mais a min isto dame un chisco de noxo. COincidiredes comigo en que hixienio, hixienico non che é… non?

  • magago says:

    Sobchak, non te preocupes. Están ben lavados pola chuvia. ;-)

  • lapatianco says:

    E non esquezamos o famoso santuario do “berro seco” (famoso tamén pola música de Milladoiro) nas terras arredor de Cabana de Bergantiños.

    Ou, ¿cómo non?, o San Andrés de Teixido nas miñas terras natais de Cedeira, ca súa fonte de tres caños, con esa auga “non potable” da que todo o mundo bebe, e que saibamos, ata hoxe ninguén morreu.

    E unha cousiña de como evoluciona esta sociedade tradicional nosa, e se vai afacendo ós tempos. ¿Nos vos tedes fixado nestes lugares que moitos, moitísimos dos panos usados para mollar nas augas, e que antes sempre eran de tea, agora son case todos “clinex”???.

  • rosiña says:

    É incribel o paralelismo que temos con outras nacións celtas, como Escocia ou a Bretaña, nas que estiven, e semella incribel que, a tantos km de distancia, teñamos esas cousas do “inmaterial” en común, non?

  • REFLEXF4 says:

    Po lo menos os nosos teñen mais verde.

  • Calros says:

    Ás veces din máis unhas bragas que todo un Lebar Gabala.

  • En San Benito de Cova de Lobo en Ourense tamén se fai unha práctica semellante con finalidades salutíferas, atando mediante un nó a unha pola un anaco de tela, coa menos hábil das maos.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.