Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Roteiros

Un éxodo pirenaico

14 / November/ 2009 Un comentario


Barcelona desde o Museu Nacional d’Art de Catalunya. Fotos: Sole

Paseamos brevemente pola colección románica do Museu Nacional D’Art de Catalunya, en Barcelona. É espléndida, pero sintes certa turbación. Nas tres primeiras décadas do século XX, unha comisión iniciou un programa de salvación da pintura mural do Pirineo catalán, sobre a que converxían dúas amenazas: nun contexto de gran pobreza, a venda das obras ao exterior (The Cloisters, o impresionante conxunto de cinco claustros franceses e hispánicos do Metropolitan Museum of Art de Nova York, leváronse á outra banda do Atlántico de aquela), e o acusado deterioro destas igrexas pirenaicas (apreciables nas fotografías da época que acompañan cada pintura mural). Obviamente, compréndoo como unha medida estrema dun tempo difícil, cunha motivación moi diferente á que formaron as grandes coleccións arqueolóxicas do Louvre ou do British Museum, de depredación colonial.

Vista con ollada actual, esta sucesión de vinte e pico pinturas de ábsides para os que se deseñaron soportes específicos coma estes que vedes na foto, resulta, conceptualmente falando, perturbadora. Unha significativa parte da arte románica pirenaica, un tesouro de valor mundial, está fóra do seu contexto e das comunidades para as que se pintaron. A cuestión é que acontece na actualidade, cando a tecnoloxía nos permite garantías de preservación no seu lugar de orixe. Entendo aos movementos sociais pirenaicos que reclaman o retorno do seu patrimonio aos vellos ábsides que hoxe son Patrimonio da Humanidade. A comodidade deste paseo entre as marabillas desta arte medieval, que nos permiten seguir como privilexiados, nun par de horas, a traza estética dun luminoso románico de influencia italiana, non xustifica hoxen día o seu exilio.

Un comentario »

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.