…para cando non teñas un tirarrollas a man…
Este francés amante da noite é un auténtico fenómeno, un novo Newton. Non renunciará ao seu viño por nada. Compártoo aquí porque esta información pode serlle de utilidade a alguén, nunca se sabe cando
Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.
Le a historia completa »Este francés amante da noite é un auténtico fenómeno, un novo Newton. Non renunciará ao seu viño por nada. Compártoo aquí porque esta información pode serlle de utilidade a alguén, nunca se sabe cando
Ese truco xa o sabíamos na aldea!! Miña aboa, que era taberneira, abría as botellas de viño coa mesma técnica, pero utilizando un trapo en lugar do zapato, envolvendo ben o cu da botella e baténdoa a contra a barra da cantina.
Tamén hai outra técnica para abrir as cervexas
http://www.youtube.com/watch?v=6QAE9crPHOY&feature=player_embedded
Eu iso fágoo coas botellas de viños de reserva utilizando un calzón limpo.
Ah, e en tempos memorables do pasado século, chegamos un amigo e máis eu a un camping no Salnés coa miserable ocorrencia de facer un “simpa”. Pero resultou que xa o primeiro día, cando nos descubrimos faltos de sacachapas, fomos pedirlle ó da recepción que nos abrise un par de Estrellas. O tipo colleunas e abriunas cos dentes (dunha nunha, menos mal).
Decidimos traballar e pagar, claro.