Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Medios, Roteiros

Berlín e a banda deseñada en Paisaxes de papel

9 / November/ 2009 2 comentarios


O Reichstag visto por Lutes e con fotografía HDR (Foto: Wolfgang Staudt)

Paisaxes de papel
é unha magnífica columna que Eduardo Maroño publica bimensualmente connosco en culturagalega.org. É unha auténtica xoia da opinión actual en galego -por desgraza hoxendía tan chea de lugares comúns e textos semi-automáticos- afrontando enfoques diferentes para contar o mundo. Maroño investiga como a xeografía conflúe coa banda deseñada, analizando como os grandes debuxantes de cómic plasmaron as cidades e os territorios do mundo e, moitas veces, os seus conflitos sociais e políticos. Coincidindo hoxe coa caída do Muro, a nova columna de Eduardo investiga a presenza de Berlín na obra de Lutes, de Guibert ou mesmo de Miguelanxo Prado. As imaxes permiten comparar a realidade e o debuxo.

Anteriormente, Maroño publicou outras anotacións sobre Londres, Israel e Palestina ou Nova York. Moi, moi recomendado.

2 comentarios »

  • O'Padín says:

    Como afeccionado a debuxar “monas”, lector compulsivo de BD, e viaxeiro infatigable con Tintin e Corto Maltés (salvadas as distanzas) hei de poñer esta páxina nos meus favoritos.

  • Mar says:

    El libro de Lutes es una lectura muy recomendable. Yo me lo compré (en plan friki) en Modern Graphik, una tienda de Oranienburgerstrasse, en Kreuzberg… El tebeo está muy bien documentado, con un dibujo muy limpio y una historia atractiva.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.