Se miras na zona da dereita do blog, verás que está activo xa o reprodutor de Ipoki, que indica a posición na que se atopa o meu GPS. Ou sexa, que hai algo grande a punto! Pero non cho vou dicir. Se queres sabelo, deberás conectarte a Capítulo 0 o venres 6 de novembro (ou sexa, hoxe), de 19:30 a 20 h. Durante esa media hora retransmitirei a miña posición, que estará en movemento pero que poderás identificar con facilidade. E logo xa vos contarei. :-)

PostPost: Os que xa o sabedes, facédeme o favor de gardarvos o secreto, ho.
Home, non terás deixado o GPS tirado no cumio do Pico Sacro, ¿non? Estar aí no alto xa de noite… non imaxino qé pensas facer alí enriba a esas horas…
O do Pico Sacro era para despistar ata que se active. ;)
Pois segredo gardado. Pasadeo ben.
Graciñas pola aclaración Manolo, que xa pensaba eu que te ías meter polas bocas das minas e o boqueixón do Pico mencionado. Eso si, con “nocturnidade” pero sen “alevosía”.
O tempo non está para moitas cousas, pero por apostar, non che diría eu que non foses a sorprendernos con algún sitio cerquiña dalí. Xa sabes, eso que ás veces nos pasa a todos de ir ducias de veces a un sitio … e logo nos dín eso de … “mira, mira, a só un par de quilómetros tes estoutro sitio esquecido pero abraiante”. Os contos de aprender a ver e mirar o territorio.
Ánimo deixade as vosas ideas sobre onde carallo vai ir esta xente. Por falar que non quede … e ó final, a ver, dos que non sabemos onde van, quen atina ou se aproxima.
Eu apostaría por algún lugar no entorno do Ulla.
Quizais algunha cata nocturna dalgún caldo dese ácedo viño desas terras. Ese que tan rápido se sube á testa e tanto consumimos cando novos. … E como sexa algo desto ¡anda que non se vai mover despois o boneco-asterisco!!.
Ou algunha saída cos de Axena a ver algún animal nocturno por ese río.
Estaste a converter no rei dos Teasers!
Ya te digo yo que te vas a perder. Menos mal que hace poco pasaron por allí unos OVNIS y dejaron un grato recuerdo. Ovnis ovnis, no jabalís, que también los hay…..
qué cabrón! como nos coidamos, espero un post á altura !!!
Pois, non. Nin Ulla, nin viño, nin gaitas. Mediterraneo, pan-tumaca e barretina.
¡Vai a modo!. Que é noite e non se che vaia aparecer o espirito-transno do Dalí ese, que por aí che andará rondando.
Xa está. Visto. ¡Noraboa!
E agora marcho para unha enchenta de castañas, chourizos e viño, que é tempo de magosto.
Saúdos.
pois eu non vou ser menos ca vos, as castañas fágoas na casa, ala
Que envexa! Pasádeo xenial e desfrutade moito da paisaxe e de cada cousa que vos traian…
E contádenolo con palabras e imaxes.
unha pregunta: ¿é o mellor restaurante do mundo?