
Foto: Gustavo Adolfo Garrido
O outro día o meu amigo Gustavo díxome o seguinte:
-Téñote que falar dun guía moi simpático que tiven en Santa Mariña de Augas Santas.
-Non me digas máis: o teu guía ten rabo -díxenlle eu (en realidade non llo dixen así, pero queda ben neste conto).
Gustavo topouse con este canciño tan simpático que vedes na foto, e que é todo un misterio máis dos misterios de Santa Mariña de Augas Santas, o mellor estaribel da Galicia máis máxica. Ao mellor, se les esto e tes ido ata aló, estarás sorprendido, porque tamén vos acompañou a vós na excursión. O can vive a pé do inicio da corredoira da Santa, que baixa da actual igrexa románica ata o Forno de Santa Mariña, ao pé da Cidade de Armeá.
Todas as veces que fun aló, e xa van algunhas, o cadelo sae da casa e, movendo ben o rabo, toma a iniciativa e vaite levando pola corredoira sen perda. Se ti paras a mirar algo, el agarda paciente, ata indicarche onde está a igrexa (hai quen se desorienta e non a ve). O máis alucinante é cando chegas a ese templo inacabado polos templarios, porque o can, sen cortarse, achégase ás escaleiras, sinalándote por onde é que hai que meterse para o lugar máis sorprendente do templo. E, en canto te atreves a baixar, el tamén descende á cripta subterránea canda ti (polo que teño observado, sempre baixa pola escada oposta á que ti baixas); alucinas cando o atopas abaixo, bourando alegre, sinalándote onde está o Forno da Moura, que non é doado de ver para quen non sabe ver esas cousas; contento salta entre as lápidas e a canle do regato subterráneo. Cando Toby, ou como se chame, considera que cumpríu a súa misión, sube tan tranquilo de volta pola corredoira ata a casa.
E así fai con moita da xente que ten visitado este marabilloso lugar do concello de Allariz. Cada un que pense o que queira: e todo será de sentidiño.
Grazas, Gustavo! (e Toby)

Esiven várias veces naquela zona(Pouco posta en valor, por certo) e nunca tiven a sorte de atoparme co can.
Se algué sabe dalgunha escrita sobre a Furna da Moura e nolo
¡Vaia parece que a Moura enfadouse, pois este chisme deu un brinco e fixo o que le petou.
Decia que se alguen coñece algun libro ou similar, sobre a zona, agradeceriao, pois ata o da agora non fun quen de documentarme ben.
Grazas.
Que historia máis fermosa! O que non me acae é o nome do can. Nin que fora irlandés! Non lle daremos atopado un nome ao xeito? Eu suxiro “Trosco”.
Eu teño ido a Santa Mariña e atoparme ao mesmo can! ;O)
incrible, fisechesme ganas de velo polos meus ollos, pero dame a min que non vai ser pronto. Saúdos e apertas meu
Xabrés, a Consellería de Cultura editou o ano pasado (ou a principios deste) un bo libro sobre Santa Mariña de Augas Santas.
Grazas, Magago
Pois agora que o dis. ¡Carafio!, ese éche o can que ía diante, con outra xente que me acompañaba a última vez que fun. Pensei que sería outro deses cans que se van con calquera durante un cacho de camiño, buscando moitas veces aloumiños e algo de comida. Deuse a volta poucos metros antes de chegar á igrexa.
Por certo, para os que se acheguen andando polas rúas e corredoiras dende a Igrexa á cripta onde se garda o “forno-sauna”. Mirade o muro de pedras que forma a corredoira e vai a rrentes das casas da aldea de abaixo. Veredes petroglifos ben marcados (cousas dos nosos antigos canteiros que non sabían do seu valor cando picaban os penedos para levar a pedra, e tantas veces vemos nas construccións do país) nalgunhas delas.
E xa na igrexa inacabada, antes de baixardes á cripta, buscade as aras romanas reutilidas como sillares dos muros. Eu contei cinco ou seis. Coido que hai máis.
Éche o que ten o noso patrimonio, que incluso da para xogarmos ó “vexo vexo”. Ou o máis moderno “buscando a Wally”. Se ides con nenos seguro que se divirten, ó tempo que van afacendo o ollo a ver estas cousas.
Moi boa a entrada, Magago.
Viva o palleiro.
Andrés, sen problema. Aínda que eu confío en que este post guindado ao mar chegue ao dono do can e nos desvele o nome do can. Trosco non está mal, entrementres!
Lapatianco, aínda que si vira as aras, desde logo non me fixara nos petróglifos da corredoira. Unha excusa máis para volver a Santa Mariña.
Eu si que creo este conto porque o can era meu. Por desgracia morreu fai un ano. Non sei se a xente creera o que digo pero é certo. Santa Mariña de Augas Santas é a mellor aldea do mundo. O can chamabase Tedy, xa sei que é un nome moi cutre pero eu tiña 5 anos cando naceu.
Vaia, Nerea, que curioso e que mágoa a morte de Tedy. Tiñas un can moi majo.
Unha aperta
Magoa, xa non poderei velo :( Nerea, sinto o do teu can. Apertas
Moitas gracias!
Por certo, si que hai libros, antes estaban a venta na zona do atrio cuberto (asà lle chaman) dentro da igrexa. Pero agora non estou tan segura, quizais nas festas… tanto como na ascension ou o 18 de xullo.
hola.Este mes estuve en Santa Mariña…..y me paso lo mismo con otro perro! exactamente igual.Es mas…iba con unos amigos y comentamos que el perro debia estar contratado por el ayuntamiento como guia,cuando he visto esto…..me he quedado ….vamos…..es mas en alguna de las fotos que hemos echo sale el perrillo,que no es el de esta foto sino mas pequeño y de pelo largo…..en fin..creo que estas cosas solo pasan en Galicia.Y Santa Mariña nos encanto,perdon por no escribir en gallego,pero aunque mis padres eran gallegos,y lo entiendo bien,no me atrevo a escribirlo,un saludo.
Pois o can que dis ti Marisa, chamase Guspi. Estou case segura de que non me equivoco. Saudos