Un esquío no Pazo de Raxoi


Fotos: Teresa Navarro

Como diría Folerpa, ¡que gran historia para nenos hai aquí! Xógome algo a que este esquío é sonámbulo ou algo así, porque cando o vimos asomado á cornisa do último andar do Pazo de Raxoi, cada vez que ollaba para abaixo dubitativo parecía agarrarse á pedra con auténtico yuyu, como preguntándose: “¿pero como raio cheguei aquí?”. Pola miña banda, permitiume descubrir que padezo vertixe solidaria. Afortunadamente, boca abaixo, medindo cada paso con cautela, o esquío deu baixado ata a comisaría de policía: de aí aos vizosos castiñeiros que xa están dando froito nas hortas de tras do Obradoiro só hai uns tranquilos e pracenteiros chimpos.

One Comment

  1. marinaalfin
    29 / Setembro/ 2009

    Gústame a noticia, é boa..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *