Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » De viños con Wagner, Diario

Dous viñazos: Finca Garabato Cepas Vellas 2007 e Els Jelipins 2004

25 / September/ 2009 2 comentarios

Son dous viños tan escasos como excepcionais na súa estrutura, de bandas estremas da Península Ibérica. O Finca Garabato Cepas Vellas 2007 de Adegas Vilarvin é un albariño de Crecente, no Rosal, criado nas súas propias lías e deixado un ano en depósito para que evolucione en condicións. O resultado é un viño complexo, con notas brillantes e diferentes na nariz, no ataque de boca e no posgusto, que fan disfrutar de seu; outro exemplo de como a perspectiva dos albariños criados de xeito paciente é tremenda. Unha auténtica marabilla. Vale 20 euros.

Outro pedazo viño foi un do que prometín falar trala nosa visita a Mugaritz: Els Jelipins 2004. Este é un viño moi especial. Pedinlle á sumiller de Mugaritz, Linda Milagros, dúas cousas: variedade e terroir. “Teño algo para vostedes”, contestou ela. E chegou Els Jelipins 2004. Un viño feito cunha variedade de uva chamada sumoll, unha auténtica xoia da que só se fan 1500 botellas anuais en Font-Rubí, a unha hora de Barcelona. A sumoll, desprezada durante anos ata o punto de que non está na Denominación de Orixe Penedès, orixina un viño marabilloso e profundo, de gran carácter mediterráneo (capa media, calor na boca) pero cun percorrido único e diferente. Este Jelipins é brutal. Sae a 40 euros a botella. Váleos ben, en serio. Aquí se conta a súa historia (grazas, Alfred).

2 comentarios »

  • Linda Milagros Violago says:

    Hola Manuel,
    Gracias por su comentario aquí. Sólo una cosa – ahora, la añada es el 2004.
    Acabo de volver de la vendimia y el 2009 tiene muy buena pinta!!!

    Saludos, Linda

  • magago says:

    Linda, un gusto verte por este blog. Gracias por el dato.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.