La Rioja de blog en blog: comeza a aventura

Viñedos preto de Logroño. Foto: Phranet en Flickr
Mañá viaxarei ata a Rioxa para realizar, entre o mércores e o xoves, o programa Cinco sentidos, cinco blogs do que vos falei o outro día. Asfalto, viñedos, cheiro a madeira, sorpresas, xentes, variedades e coupages descoñecidos, terras, vento… Descoñecemos o programa, e descoñecemos qué sentido nos tocará en sorte para describir a Rioxa. Todo é sorpresa e intriga ata o mércores pola mañá.
Pero si sabemos como o contaremos. En El Rioja de Blog en Blog e tamén en Capítulo 0 o mércores e o xoves poderasnos ver en movemento e en tempo real polos campos da Rioxa a través de Ipoki (como fixen cando fun a París), e poderasnos seguir en Twitter co tag #riojablog, onde iremos contando en tempo real o que nos vaia pasando. Repito, será este mércores 16 e xoves 17.












Que bien!
Hace un mes estuve allí y me iría de nuevo para allá.
Seguiré vuestras hazañas.
Besos
Margot
huyy…dame a impresión de que a Manolo caeulle en sorte o sentido do tacto, taparonlle os ollos en non topa a tecras….Porque no creo que sexa o viño que lle fixo olvidar….