É un post de urxencia: acabo de chegar da resolución da XXI Cata dos viños de Galicia 2009 na que se fallaron os mellores viños e augardentes do país. Fixen a retransmisión da gala en directo en Twitter e alí podedes consultar os resultados completos (tamén os publicarei pola noite no blog). Polo de contado, quedamos cos nomes dos mellores viños galegos segundo o panel de cata: Aguiuncho Barrica 2007 en branco (é un Rías Baixas) e Crego e Monaguillo en tinto (é un Monterrei, e a adega claramente gañadora desta edición). Por agora, podes consultar os resultados completos no meu twitter. Á noite ampliarei información.

Así a bote pronto non coincido en casi nada, dentro do que probei dos viños seleccionados, pero me faltan datos… ¿esta colgada nalgunha parte a lista enteira das adegas que presentaron viños Manuel?..
Eu creo que teño un documento, pero agora mesmo non o podo escanear. En todo caso, vou subir agora un post con todos os gañadores.