Os camiños do viño


Tranquilos: non vos vou falar do Xacobeo. Resulta que teño nas miñas mans o estupendo libro Viajar por navarra. Los caminos del vino, que conseguín por ser primer nunha petición do grupo de Navarra Gourmet en Facebook (é incríbel a cantidade de oportunidades que hai en Facebook de conseguir cousas). O libro contén viaxes pola comunidade foral, con lugares encantadores e fermosos enfiados a partir da visita ás adegas. Curioso o funcionamento da mecánica das decisións para viaxar: sempre quixen visitar Navarra con calma, pero as magníficas fotos de Larrión e Pimoulier e a selección de viaxes estimula a visita. Eu xa estou planificando un paseo por Navarra.












un saludo cordial don m.gago
me acaba de llegar de The wine academy spain,el folleto para el congreso que hacen
en la rioja el 12 y 13 de Noviembre en la Rioja, http://www.thewineacademy.es
usted que es de mundo ¿si le interesa? con ponentes de lujo del mundo vinicola
y como colofon cena-cata con Parker por solo 900€ antes,o 1015€ despues,este ultimo concepto me despista !ah! solo hay 250 plazasy le dan un diploma y todo.
espero no aburrirle.
Quique Martinez ,Padron
non deixe de visitar a selva de Irati
Grazas, Nes! Ademáis, seica ese bosque hai que visitalo especialmente en outono…
Don Enrique, grazas pola información! A verdade é que o congreso é impoñente, pero as datas véñenme fatal. Ademáis, xusto eses días non ando con calderilla no peto para pagar a inscrición á cata de Parker. Mágoa.