Con Negro

Glubs! Na nosa procura dunha pequena e tranquila cala no Grove na que descansar hoxe pola tarde atopámonos este aparcadoiro que ofrecía unha característica peculiar…ou iso é o que pensabamos.

En realidade, Con Negro [localización] é un fermosísimo espazo natural protexido na banda oeste do Grove. Desde alí péchase a ría de Arousa. Vese Sálvora todo ao seu ancho, o illote de Noro, da volta a illa de Ons; no Con Negro, as penedas, que nacen entre o breixo varrido polos ventos, forman menhires e animais de pedra. Unha batería militar próxima salvou a esta banda occidental do Grove de ser devorada polas urbanizacións. Pero o mellor está baixo o mar do Con. Nestes baixos graníticos, nesas covas, mergulleime e hai todo un mundo a bulir. Enormes fragas de algas. Centolas, polbos, serráns e lorchas, sargos e maragotas…

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *