Last updated on 14 / Agosto/ 2009


Fotos: Sole
Hai anos lin un texto -creo que de Bouza Brey- no que se inventaba toda unha mitoloxía do noso pasado. Oestrimnios e saefes terían chegado camiñando ás nosas costas polo Camiño de Santiago -cando aínda non era camiño de Santiago- atraídos polo sol que se puña no Atlántico. É dicir, que eramos un pobo adito aos solpores. Bouza Brey -que era de Vilagarcía- debía estar pensando nestes de Carril, tras a illa de Cortegada e os chans do Barbanza, que vivimos estes días, mentres tomamos cócteles -a tres euros, señora- na carpa chill-out que o concello instalou na praia.

Que boa pinta, para andar de gintonix! Quen o soubera, que me pasaba por Carril. (Ademais, pagaría por verte tocando os bongós na carpa chill-out ;)