Last updated on 28 / Xullo/ 2009

Fotos: Sole
Na rúa Passos Manuel, anexo ao Coliseo do Porto, está o Residencial O Escondidinho [T: +351222004079 / localización]. Non se me rían. É un establecemento hoteleiro máis que aceptable (verán, 45 euros con almorzo incluído, no inverno debe ser máis barato) que, se contamos con que está porta con porta co Coliseo do Porto, un dos principais recintos escénicos e musicais de Portugal, faise especialmente valioso para pasar un finde no Porto. Pero é que hai máis. Cando entro nun hotel, o primeiro que fago é abrir as contras e ver que hai aí fóra. E o que vin enfronte foi unha estación art-decó reconvertido en garaxe, pero enriba dela uns tipos tocando música cunhas luces raras, cara a cara coa nosa habitación. Despois de cear e tomar unhas copas con Nuno, chamamos ao ascensor e subimos alí enriba.



É o Maus Hábitos [localización], un espazo cultural ubicado nun cuarto piso. Sala de concertos, bar, restaurante, sala de exposicións, zona creativa, terrazas… Cando se abriu a porta do ascensor, atopamos a unha chea de guardiñas que protexían a un señor con pinta de interventor que percorría solemnemente co dono os diferentes espazos. O dono dicíalle:
-As nosas leis aínda non están preparadas para entender estes lugares.
Lugares que eran todo un antigo complexo do que deberan ser as oficinas do garaxe; mantiñan a súa distribución orixinal pero estaban cheas de xente falando, escoitando un concerto de jazz ou sentadas na terraza. Outros paseaban polas exposicións ou se acobadaban nas barras. Había todo un ambiente multicultural alí dentro, nese cuarto piso. Como din no seu sitio web:
Não é uma galeria convencional, mas dispõe de espaços apropriados para receber exposições.
Não tem um palco de estilo italiano, mas oferece condições para acolher peças de teatro e concertos.
Não é uma escola no sentido tradicional, mas desenvolve um programa de formação em diversas áreas da criação artística, organizando oficinas.
Foi unha visita fugaz, pero encantoume este espazo cultural, cheo desa modernidade e cosmopolitismo que un se atopa en Portugal (nese Portugal que se define a si mesmo nas enquisas como “provinciano”). O Maus Hábitos é un lugar para volver moitas veces. Aquí vai un vídeo que describe máis o lugar:

Hum, estou a pensar que debemos coincidir os dous no Maus Hábitos pero non nos topamos. ¿Estivechedes este sábado? Digoo porque o rapaz da foto, se non estou errado tocou este sábado no Maus Hábitos.
Eu estaba ó lado, no Pasos Manuel cuns rapazolos que pinchaban música electrónica.
Eu estiven o venres, pero pode ser que estes paisanos tocaran todos estes dÃas.
Maus Hábitos é un sitio xenial e a xente que o leva é encantadora. E a vista que se divisa da cidade dende arriba de todo, na derradeira e pequeniña terraza e das que quitan o alento. Por certo, tamén alugan (ou alugaban) cuartos a artistas para botar alà temporadas, unha perspectiva moi interesante…
Hola, polo que contas non son o mesmo gurpo. O rapaz brasileiro que tocou o sábado viña de Santiago de Compostela (onde tocara o venres) así que malamente podería ter estado o venres. O curioso é que o que toca o contrabaixo se me aprecía a Fred Martins (http://www.youtube.com/watch?v=sniTZMLGKY4), pero é clarisimamente un erro meu.
Aparte das vistas, a min a fachada do garaxe (e o Coliseum que está enfrente) se me fan un conxunto precioso. Ogalla estén protexidos ambos edificios.
Magago, tens a magia de contar as cousas de jeito extraordinário, da prazer ler-te.
Eu so podo dizer que a minha passagem pelo Porto deixou um triângulo mágico: Maus Hábitos, Plano B e Contagiarte; quanta saudade…
Não sei como mas o Porto deberia ser essa cidade musa e inspiradora do que se fai acó.