O Mini Chateaux, tuneo especial para enópatas

É unha versión tuneada de luxo con interiores de madeira e pel inspirados na gama cromática das adegas de viño. Só se farán 12 Mini Chateaux, tuneados personalizados para os propietarios, pero o máis alucinante é a solución definitiva ao incómodo repichoque das botellas que non aseguraches ben na parte de atrás mentras conduces. Un compartimento especial no maleteiro no que entran 6 botellas (cando menos teñen que ser premier cru, senón o coche pode sufrir de alerxia). Este deseño é a cousa máis pija que teño visto en séculos:

(vía). ¡Grazas, Sole!












O novo mini xa é pijo de por si, pero este bota snobismo polo tuboscape…
Ai que me dá algo!