
Os montes da Urdiñeira. Foto: Proxecto A Urdiñeira
Cito a Bea Comendador, responsable do proxecto A Urdiñeira:
En 1926, Don Anxel Romero Cerdeiriña comezaba con estas verbas as súas âNotas para un estudo da Urdiñeiraâ, un estudo sinxelo pero cunha gran riqueza de información que un dÃa caeu nas nosas mans. Nós andábamos á procura de información sobre o chamado âtesouro da Urdiñeiraâ, atopado no 1921 âao pé da Cova das Choiasâ, conformado por dous brazaletes de ouro e un disco de bronce con máis de tres mil anos de antigüidade.
Entre Parada, Pedroso, As Ventas y-o Navallo, nos aledaños do Invernadeiro, érguese un monte cuberto pola Natureza de uces e de fragas e pola Tradición de tesouros y-encantamentos.
No marco dunha interesante investigación interdisciplinar sobre a organización territorial da provincia de Ourense na Idade Media, un equipo de arqueólogos e estudantes de Historia que dirixe Bea Comendador, profesora da Universidade de Vigo, exploran, nos montes da Urdiñeira, ao carón da serra do Invernadoiro, en Riós, os patróns de hábitats humanos e as zonas de paso, os camiños. à a arqueoloxÃa que vai máis alá do que popularmente se entende por un arqueólogo, ese señor con sombreiro de palla que escava e explica pedras sen moito sentido aparente; sen embargo, esta arqueoloxÃa ten que ver con comprender ao ser humano nun tempo, pero tamén nun espazo concreto.

O tesouro da Urdiñeira. Foto: Arquivo do Proxecto Urdiñeira
No caso deste proxecto, o que me resulta emocionante é como todo el xira ao redor de algo que é mÃtico e real ao mesmo tempo: un tesouro prehistórico hoxe custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense.
No blog que mantén o equipo pódese comprender esa mestura entre o mÃtico e o real, entre a natureza e o humano, entre as lendas e a orografÃa. Recoméndovos que o anotedes entre os vosos feeds.

Visito algunhas veces os varios blogs de Bea Comendador, e este último do que falas, que sen ser de seu ela é unha das promotoras, seguro que nos vai traer sorpresas.
E precisamente van estudar e falar desas partes anexas á arqueoloxÃa que tanto nos atraen, tal que son as interpretacións dos nosos entornos.
RecomendadÃsimo, si señor.
Saúdos.