Google Earth e a narrativa espacial

Hai que ver o especial que Google Earth preparou narrando a chegada do Home á Lúa no Apolo 11. (cómpre que abrir Google Earth, Ver>Explorar>Lúa e logo buscar as Visitas Guiadas nas capas da esquerda). O especial superpón obxectos 3D (feitos con Google Sketchup) coa combinación de diferentes multimedia. Tamén podes acceder a multimedia a partir dos diferentes servizos de Google.

Visitando este especial, observamos que aínda é un primeiro, pero evidente paso cara unha nova narrativa espacial (non cósmica, enténdaseme, refírome ao espazo físico). O sistema de animación aínda é moi tosco, restrinxido ao desprazamento dos obxectos, pero permite intuír o que poderían ser as tendencias na evolución do editor de mundos de Google, o Sketchup. Partindo da detallada representación do mundo físico que propón Google Earth, pode que Sketchup permita engadir unha liña de tempo animada de feitos sobre el; as Viaxes que permite facer agora son un primeiro paso. Google deberá conseguir un método para que animar persoas, animais e obxectos sexa doado. Se cadra a inspiración a atope na nova ferramenta Esquelete da última versión de Flash, que é espectacular.

Esta narrativa espacial será a suma da representación física e xeográfica dos datos nun modelo realista como Google Earth máis o engadido do factor tempo na representación deses datos. Un Google Earth en tempo real. Teremos aí un xeito alucinante de contar historias. Eu xa avanzo que, para o ano, comezarei a experimentar cos alumnos posibilidades neste sentido.

3 Comments

  1. 22 / Xullo/ 2009

    Boísimo!

    En serio, véxolle moitísimas posibilidades narrativas desde o punto de vista periodístico. A ver se experimentamos algo este inverno con todo isto.

  2. A. Lamas
    4 / Maio/ 2010

    Retomo este vello post (perdón por elo) para amosar como evoluciona a narrativa espacial en Google Earth, neste caso cunha completísima recreación do accidente aéreo de Los Rodeos:

    http://bit.ly/a2y8qf

    A de traballo que ten que haber detrás dese arquivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *