Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Pelis

Welcome to Nollywood

20 / July/ 2009 2 comentarios

Estas imaxes tan potentes pertencen ao traballo do fotógrafo Pieter Hugo sobre Nollywood, como se coñece á industria cinematográfica nixeriana, a terceira máis importante do mundo. A serie completa, espectacular, tamén permite apreciar o gusto do público africano pola temática zombie, pero tamén a versión africana dos mitos do cinema occidental. Interesantísimo.

2 comentarios »

  • roi buligan says:

    non coñecia esta industria nin o fotógrafo, pero as imaxes teñen, como dis, unha forza brutal.

  • Gregorio Samsa says:

    Eu si coñecía desta industria. É máis, sen dúbida trátase dunha industria modélica á hora de cadrar orzamentos. Cada filme, rodado en cámara dixital, custa unha media duns 20.000 euros e véndense en mercadillos, quioskos e comercios varios a un prezo de entre dous e tres euros. Ten a súa propia audiencia de clases baixas e medias e goza de saúde empresarial que a fin de contas é o que importa.

    Que sentido ten facer como nós, filmes de dous ou tres millóns de euros [que iso é 'nin chicha nin limoná'] para logo esnafrarse nas salas de proxección ás que case ninguén xa vai? Non nos engañemos, o noso cinema vai perder sempre á batalla frente aos Indiana Jones e os Will Smith de turno. É completamente absurdo, dende o punto de vista da lóxica empresarial, facer pagar os mesmos 5,50 euros por ir ver unha superproducción de Hollywood de 300 millóns de euros, coma pode ser Avatar, a última de Harry Potter ou a anunciada Spiderman 3, que unha galega de 1,5 millóns. O mesmo sucede coa venda en outras ventás de explotación, coma é o DVD.

    Insisto, Nollywood debe ser un modelo de industria a ter moi en contar para pequenas industrias cinematográficas, como pode ser a galega.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.