Estampas pompeianas (I): o espello do tempo
2 / September/ 2010 – 6:18 pm | 3 Comments

Aos lugares nos que fuches feliz non volvas. Ante esta chamada á fuxida, o mellor é afrontar o reto. E descubrir na túa ollada sobre a máis fascinante cidade do mundo antigo que xa es outro.

Le a historia completa »
Home » Diario, Roteiros

A fina liña cultural que une Baviera e Cascaxide, en Silleda

13 / July/ 2009 Un comentario


O castelo de Neuschwanstein, construído en 1866

¿Queren saber se un país tivo unha burguesía potente no século XIX? Busquen na paisaxe castelos kitsch, torres tudorianas feitas nun cemento escurecido por máis dun século de climatoloxía, colosais castelos construídos coa enxeñaría da industria do ferro. En toda Europa, a alta burguesía construíu mansións neomedievais na segunda metade do XIX. O máximo exponente, sen dúbida, o wagneriano castelo de Neuschwanstein, construído polos mellores enxeñeiros alemáns do mundo industrial para Luís II de Baviera en 1866. Herdeiros do romantismo, arelantes dun pasado aristocrático e mítico, os poderosos industriais gostaron do prerrafaelismo, das vidreiras con escenas artúricas, da literatura de orixe scottiana, da mitoloxía logo devenida en sinuosas deidades do art decó. Que en Galicia non houbo unha gran burguesía é evidente por moitos motivos, pero que nos falte kitsch neomedieval non é o menor.


O Pazo de Cascaxide está deteriorándose con rapidez. Fotos: Sole

O pazo de Cascaxide, na parroquia de Escuadro, en Silleda [localización] -do que non atopei en Internet información histórica relevante- é un rarísimo exemplo deste neomedievalismo, que debeu reformar un complexo pacego do XVII no que se aprecian toques de barroco compostelán nun espazo con torres, ventanais, almeas, inspiradas seguramente en gravados e viaxes, expresando unha Idade Media ideal. Pero ao carón, hai un complexo industrial e en ruínas. E subindo o monte está a famosa Fraga de Cascaxide, famosa porque a súa propietaria pretende convertela nun dos primeiros Espazos Privados de Interese Natural tralas ameazas reais de talas indiscriminadas do antigo bosque pacego. No seu momento esta fraga debeu ser, en realidade, o combustible desa fábrica.

O pazo de Cascaxide está lamentábelmente deteriorado, pero é un intrigante exemplo de todo o que está detrás da arquitectura e das pegadas pequenas dunha burguesía con ambición esteta. Por certo, os meus alumnos fixeron un fermoso traballo multimedia sobre o Pazo e a situación ecolóxica e xurídica da fraga. Se alguén coñece algo da historia deste lugar e a súa fábrica, agradeceríalle ben que nola contase nos comentarios.

Un comentario »

  • An says:

    Fantastico lugar, noutro pais xa estaría máis que rehabilitado, e unha magoa que deixemos caer todo canto nos acerca o noso pasado.

Deixa un comentario!

Engade o teu comentario debaixo, ou trackback do teu propio sitio. Ti tamén subscribirse a estes comentarios via RSS.

Pórtate ben. Manteno limpo. Queda no tema. Non sexas troll. Nada de anónimos vengativos nin outras trangalladas

Podes empregar estes tags:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Este blog recoñece Gravatar. Se queres ter un, rexístrate en Gravatar.